Novas por contido

O xoves, 4 de xullo, houbo unha xuntanza con Función Pública para tratar o borrador das bases do concurso de traslados das escalas de Finanzas. A CIG fixo unha seire de alegacións das que a Administración non deu sinais de ir facer demasiados cambios. De feito, nin está prevista unha segunda reunión previa á Mesa Xeral.

Función Pública quere convocar este concurso para antes das vacacións de agosto, pero teñen o problema que a Consellería de Facenda non lle enviou as prazas para o concurso, ou sexa a estas datas non teñen aínda o buzón de postos.

Propostas de modificación da CIG ás bases do concurso de Finanzas:

Dous anos de permanencia para concursar: (base I.1a)

-          Exíxese 2 anos de permanencia para os de concurso.

-          As LD non se lles exixe.

Queremos que a exixencia de dous anos de permanencia para poder concursar que se lle exixe ao persoal de concurso, tamén lle sexa exixida ao persoal de LD.

Postos ofertados. Fase de resultas (base II.2 e V)

-          Non aceptamos que na fase de resultas oferten so os que se consideren “de necesaria cobertura”. Queremos que se oferten todos os postos que queden vacantes en resultas, e que se retiren as verbas que van entre comillas, dos dous sitios onde o pon nas bases.

 

Antigüedade (base III.1)

-          A puntuación proposta pola Administración de 0,15 puntos/ano cun tope de 5,5 puntos equivale a 36 anos e medio de servizos prestados. Solicitamos unha nova redacción do apartado, de xeito que se acade a puntuación máxima por antigüedade cun menos número de anos de servizo prestados. Deste xeito potenciamos o peso relativo da antigüidade no conxunto da baremación.

-          A CIG propón como alternativa elevar o tope como mínimo a 6,5 puntos, contando 0,25 puntos por cada ano ou fracción de servizos prestados. O máximo de puntuación obteríase aos 26 anos de servizo.

 

Grao (base III.3)

-          Valoran ata o 30. Rexeitamos valorar os niveis que non se poden obter por concurso. Caso de non aceptalo, que fixen unha graduación de xeito que os incrementos en graos superiores (obtíbeis so por LD) sexan menores que os incrementos dos graos inferiores (os obtibeis por concurso).

 

Medidas de conciliación (base III.4.3.1 e III.4.3.2)

-          0,5 puntos por acceder a postos situados na localidade onde radique o posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito é excesivo (equivale a 3, 3 anos de antigüedade) o mesmo pasa  para os postos situados na localidade onde radique o centro de estudios no que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos. Nos propoñemos pasa a 0,2 puntos. Tamén propoñemos que se contemplen outras circunstancias como:

-          Familias monoparentais.

-          Maiores dependentes o cargo do persoal funcionario.

-          Puntuación máxima pedimos que pase de ser 0,6 a 0,3.

 

Formación (base III.5)

-          Valoración por horas e non por tramos.

-          Que puntúen todos os cursos transversais

-          Axustar o máximo de puntuación de xeito que non supere o 10-15% do máximo total do concurso.

 

Grupo de pertenencia (base III.7)

-          Un punto de diferenza entre grupos parécenos excesivo, propoñemos 0,85.

 

Queremos que no anexo I salgan todas as vacantes, non so as que Función Pública o as Consellería consideren oportunas ou de necesaria cobertura.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...