Novas por contido

No punto de rogos e preguntas da Mesa Xeral do 29/07/2014, tratáronse numerosos asuntos de interese: concursos, denuncias de situacións irregulares, promoción interna. 

Xefes unidade operativas: informa o DXFP que recibiron notificación de sentenza firme que lles obriga a pasar estes postos de gardacostas de LD a concurso; non é necesario negociar RPT así que directamente pasará a consello da Xunta.

Concurso de traslados persoal laboral: informa o DXFP que van convocar a unha xuntanza para o xoves para tratar o concurso do persoal laboral: queren ver de chegar a acordo no concurso aberto e permanente, así como ao cambio de categoraís. Se hai posibilidades de acordo sacarían pronto o concurso (este mesmo ano se non hai problemas o xoves), que afectaría a unhas 3.000 prazas.

Concurso traslados lei 17 (funcionarios de escalas sanitarias): a CIG acusa a Sanidade de engañarnos e incumprir a súa palabra, pois a consellaría afirmara na última xuntanza pola súa RPT que nos enviaría o borrador do concurso á semana seguinte, e xa pasaron duas. Insistimos en que queremos o texto e que se convoque unha mesa de negociación. A este respecto resposta o Director Xeral da Función Pública que na xuntanza do xoves polo concurso dos laborais daría conta do procedemento que van seguir con este concurso; é dicir, que informarían de se a negociación vai ser no ámbito da mesa sectorial de persoal estatutario ou se vai no ámbito do persoal funcionarios (levandoo á mesa xeral), como demandamos. O asunto quedaría para finais de agosto ou principios de setembro.

Concurso AMTEGA: a CIG denuncia que tivemos unha xuntanza con AMTEGA para que executasen correctamente o concurso das escalas informáticas de xeito que cada persoa vaia ao posto que lle corresponde, pero AMTEGA non ten intención de corrixilo actuando como se non tivese existido un concurso e ordeando que o persoal se manteña nos postos anteriores. Demandamos de Función Pública que tome cartas no asunto e non permita que AMTEGA faga o que lle veña en gana. O Director Xeral da Función Pública dará conta deste asunto na xuntanza do xoves.

Promoción interna corpos xerais: informa o DXFP que esta semana convocarán xuntanza; que non dan o asunto por pechado e podería haber outra xuntanza mais. Conclusión da CIG: vai ser imposíbel que o concurso estea liquidado antes de setembro.

Auxiliar estatutario en xefatura de servizo: a CIG denuncia que o posto da xefatura de servizo de innovación sanitaria, creado na rpt a finais do 2013, LD, nivel 28, A1, a ocupar por persoal de determinadas clases das escalas sanitarias (lei 17), así como persoal estatutario sanitario, está a ser ocupado en comisión de servizo por un auxiliar administrativo (estatutario NON sanitario) con destino no FEGAS. Denunciamos que por moito que apliquen normas de sanidade, o posto é de administración e por tanto debe rexirxe polas normas de función pública: non é do grupo, nin é estatutario sanitario, así que non pode ocupar o posto. Demandamos a función pública que tome medidas. Ameazamos con tomar nosoutros medidas xudiciais.

Xefa de servizo de tesouraría (subdirección X do Tesouro): a CIG denuncia que a persoa que ocupa o posto foi nomeada en LD o 11/3/2014, pero que inda non pisou o seu posto de traballo; máis ben ao contrario, continúa no seu anterior posto (o propio directorio a ten ubicada na subdirección xeral de coordinación de investimentos e fondos comunictarios, como posto do subgrupo A2).

Outras novas recentes

Mércores, 10 Setembro 2025

Concursos: a única solución duplicar os postos e resolver con celeridade

Centos de compañeiros e compañeiras  acudiron ás asembleas organizadas pola CIG para falarmos dos concursos de traslados e os destinos dos procesos selectivos.  A única solución que albiscamos dende a CIG, e que puxemos sobre a mesa nas asembleas e contou co respaldo das persoas asistentes, é a duplicación dos postos onde sexa necesario para evitar a perda de postos no...
Martes, 09 Setembro 2025

Lumes nunca máis. Participa na mobilización do domingo 14 de setembro!

A CIG-Autonómica chama ao persoal a participar na mobilización nacional do domingo 14 de setembro, para esixir a mellora das condicións laborais e a planificación preventiva no marco das medidas que eviten outra vaga de lumes A manifestación terá lugar en Compostela o domingo 14 de setembro, ás 12:00 horas, e sairá dende a Alameda. O persoal bombeiro e axente forestal, e...
Venres, 12 Setembro 2025

A DXEP non se compromete a estender a solución mais aló das 8 prazas do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias:  • Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán...