Novas por contido

Ás 60 inicialmente anunciadas pola consellería de Medio Ambiente, hai que engadir 41 máis na Axencia Galega de Infraestruturas.

Na proposta inicialmente remitida pola consellería de Medio Ambiente diferéncianse os 33 postos que se amortizan por deixar sen dotación orzamentaria e cuxa supresión non se utiliza para crear ningún outro posto, do resto dos 27 cuxa dotación orzamentaria se emprega para crear outros postos diferentes. Así pois, de xeito neto habería unha destrución de emprego público de 33 postos por valor de 1.018.406 euros anuais. Entre eses 33 postos hai arquitectos/as, axentes medioambientais, delineantes, postos base do subgrupo A1 e C2, peóns, vixilantes de recursos naturais, ...

Entre os postos que a Axencia Galega de Infraestruturas propón amortizar están legoeiros/as, capataz de cuadrilla, oficiais conductores, arquitécto/a técnico, auxiliar técnico de obra e todos aqueles postos que teñan que ver coa conservación das vías de titularidade autonómica. Tamén propoñen amortizar varios postos de traballo admnistrativo nas oficinas centrais da axencia. En total, 41 postos por valor de 1.073.665,40€.

O sector da Autonómica rexeita a xustificación da consellaría para as amortizacións dos postos de que "non están orzamentados" cando é a propia consellaría a responsábel de proporlle á Facenda o que quere ou non quere amortizar. Lembramos que desde o ano 2014 xa non se inclúe nos Orzamentos a obrigatoriedade de amortizar os postos vacantes senón os que "non sexan necesarios". Cremos que nesta consellaría si son necesarios estes postos e outros tantos, máxime tendo en conta que é unha das consellarías onde máis asistencias técnicas e persoal da empresa Tragsa hai, e que tantas sentenzas por subcontratación ilegal motivaron e segue motivando, como xa denunciamos reiteradamente.

A Xunta continúa coa inversión da pirámide dos recursos humanos, eliminando postos base e creando diferentes xefaturas. Esta é, por desgraza, unha práctica habitual nas RPTs que levamos negociado, recortar por abaixo e crear estrutura por arriba.

Xustificación cínica

O sector da Autonómica cualifica de “cínica” a explicación que ofrece consellaría na memoria funcional que nos presentan, que di que pretende dotar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de máis persoal para "reducir ás encomendas de xestión" con empresas públicas como Tragsa cuxo persoal subcontratado vén facendo habitualmente as función da falta de persoal propio. "Vemos que realmente hai un saldo neto negativo de postos, o que vai a obrigar a todo o contrario: aumentar as subcontratacións". Entendemos pois que o que se fai é "amortizar postos de persoal funcionario creados para dar cumprimento á execución de sentenzas de subcontratación ilegal para crear outros postos de persoal funcionario".

A isto engaden que na secretaría xeral anterior se crearan 17 postos e agora amortizan 10, e deses 17 que eliminan un total de 10 están ocupados por persoal laboral indefinido no fixo. Concluimos, polo tanto, que "o que se di, reforzo, moito reforzo non hai, máis ben todo o contrario" e que, outra volta a consellaría "segue fomentando que os postos se sigan creando por sentenza xudicial de cesión ilegal de traballadoras e traballadores".

Neste sentido denunciamos que con toda esta amortización de postos o traballo que antes se facía, alguén o terá que facer, e vai provocar que simplemente se privatice e se lle dea a empresas amigas.

Sinalamos que esta consellaría, e nomeadamente a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, caracterízase polo grande índice de asistencias técnicas que tivo. Mesmo en algún momento houbo máis asistencias que traballadores/as públicos/as.

Isto vai redundar, ao noso entender, nun peor servizo público que non só afecta ao persoal senón tamén ao conxunto da sociedade que se vai ver privada duns servizos que até o de agora existían e se van deixar de prestar.

Outras modificacións

A proposta de Medio Ambiente inclúe outras modificacións, como cambios de denominación, cambios de adscrición dos postos a outras unidades administrativas ou apertura de postos a outras titulacións.

Tamén na proposta de Axencia galega de Infraestruturas figuran, ademais das 41  amortizacións, outras modificacións como son a apertura ao subgrupo A2 da cobertura dun posto de libre desgnación e máis a apertura aos subgrupos A2 e C1 dunha sección que antes era A1 co requisito imprescindible da licenciatura en Dereito e que agora deixan en mérito.

Descargar a RPT da Axencia Galega de Infraestructuras

Descargar a RPT da CMATI

Outras novas recentes

Venres, 10 Xullo 2026

Listaxes provisionais de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social

No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...
Venres, 17 Xullo 2026

Oposicións a enx.agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial do xoves 16 de xullo, tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven)....
Venres, 10 Xullo 2026

Modificacións das RPTs do Medio Rural e de Presidencia, Xustiza e Deportes (CP 10/07/2026)

Na modificación da RPT do Medio Rural os postos creados son insuficientes e non prevalece o sistema ordinario de provisión de postos, aínda que se incluíu o posto no acordo do SPIF. Canto á RPT de Presidencia, Xustiza e Deportes, non tiveron en conta o incremeto de media hora en todos os postos de persoal limpador, non aceptaron o aumento do complemento específico dun posto...