Novas por contido

O día 24 de outubro de 2016 comezou unha actividade formativa on-line para o persoal auxiliar dos centros de ensino enfocada a que coñezan a nova aplicación informática que se utilizará a partir do curso 2017-2018 xa que a dita ferramenta vai ser de uso obrigatorio nos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

A dita formación, a pesar de ser cuase obrigatoria, non ten asociado o recoñecemento de horas de formación e tratouse de ocultar ata o momento no que decidiron aplicala. Deste xeito podemos dicir que ata a comunicación ás traballadoras e traballadores destinatarios, nin a nosa central sindical nin as/os representantes das traballadoras/es tiveron coñecemento da mesma.

Calquera empresa onde as cousas funcionen cun mínimo de legalidade e decencia debera poñer en coñecemento dos representantes dos traballadores este tipo de asuntos, e non aplicalo unilateralmente sen sequera informar.

Ademais do anterior, estamos ante outro caso de formación obrigatoria que despois non se verá recompensada nos concursos de traslados. Na mesma liña do que defendemos cando se negocian os concursos de traslados, a CIG ven de enviar escrito solicitando que calquera formación, incluída esta de xestión do proceso de admisión de alumnos, sexa tida en conta nos próximos concursos de traslados de persoal.

Reclamamos tamén que se proceda a compensar a formación: a nivel formativo mediante a expedición do correspondente título que certifique as horas de formación e o contido do curso; e o crédito horario que se consuma debe ser necesariamente no horario laboral da traballadora ou traballador destinatario da formación.

Solicitamos que se proceda a comunicar ás representantes das/os traballadoras/es calquera tipo de acción formativa que se realice e moito máis se esa formación vai ter carácter obrigatorio para o persoal que representamos.

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Manifestación do SPIF o 30 de outubro: a mobilización funciona!!

Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal. Esta manobra, xusto antes da...
Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.  DONQCsuKc58   Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación...
Martes, 04 Novembro 2025

Concurso de persoal coidador: pedir postos sen saber onde

A CIG ven de demandar que a Dirección Xeral de Emprego Público solucione o problema á hora de elixir postos no concurso de traslados de persoal coidador. O persoal auxiliar coidador desempeña as súas funcións en prazas itinerantes, o que implica que os seus postos non estean adscritos de maneira fixa a un único centro educativo, senón que se distribúen cada curso escolar...