Novas por contido

Informa o director xeral de Función Pública: 

- RPT: antes de 15 días enviarán ás OOSS a proposta de RPT na que se contemplarán 1734 prazas. Provisión das prazas de dirección nas E.I e CAPMD cun sistema parecido ao da consellería de educación (¿?). Todos os postos serán a xornada completa. Incluirán postos itinerantes que serán a tempo completo nun centro e/ou tempo dividido entre varios centros (negociarán limites xeográficos e o seu alcance). Os postos en RPT sairán como persoal laboral, e despois serán convertidos a postos de funcionarios/as conforme aos procesos selectivos. Informa de que están valorando como encaixar na RPT, aqueles postos cubertos por persoal de apoio sen a titulación requirida para o mesmo.

- Listaxes de contratación: o mes de marzo abriranse as listaxes da Xunta para anotarse nas categorías de PSX e xerocultoras/es; o resto de categorías irán progresivamente, dependendo dos medios técnicos e humanos dos que dispoñan (problemas cos avisos por sms). Valorarase o tempo traballado no consorcio igual que na Xunta.

- Oferta de Emprego Público: a OEP entre 2019 e 2020 acadará as 1200 prazas de estabilización (máis de 3 anos no posto de traballo). Comenta que o proceso será por concurso-oposición e o exame tipo test, con “temarios sinxelos e procesos áxiles”. Contará o tempo traballado na categoría igual que na Xunta.

A CIG manifesta:

  • Desconformidade pola demora na convocatoria desta comisión de seguimento (a última fai máis dun ano). A falta de información e de resolución no que xa estaba comprometido.
  • Protesta pola creación de novos postos itinerantes sen negociar, creando incerteza no persoal, sen saber o ámbito no que vai a traballar, o tempo que vai a estar en cada centro...
  • Solicitamos a mobilidade do persoal laboral fixo do Consorcio, ao que a DXFP responde, que antes da elección de destino do persoal que aprobe a OPE, terán opción á mobilidade.
  • Con relación á pregunta da CIG sobre o sistema de provisión de postos de coordinación, a DXFP di que aínda o están “perfilando”, e que este é un dos motivos do atraso na RPT.
  • A CIG pregunta se estarán recollidos todos os postos do consorcio na RPT, ao que contestan que non se diminuíu o cadro de persoal.
  • Reclamamos o Plan de Igualdade para facilitar postos exentos de risco para a maternidade, conciliacións e flexibilización con concreción horaria, que non se conceden, a suspensión de contrato para as maternidades tanto nas escolas infantís por riscos biolóxicos (que terían que ser inmediatas e tardan semanas en resolver). Din que falarán coa Secretaría Xeral de Igualdade para esta problemática.
  • Tamén preguntamos polos riscos psicosociais que ocasiona que haxa unha soa persoa na quenda de noite e os novos perfís de usuarios no CEMVI e nos CAPM, e solicitamos que se teñan en conta a hora de elaboración da RPT. Informan que tratarán estas problemáticas co Servizo de Prevención da Xunta de Galiza.
  • Solicitamos a simplificación das nóminas para que se comprenda facilmente cal é o salario e se recoñezan os trienios de oficio. Din que seguen o mesmo criterio que na Xunta.
  • Volvemos a preguntar se ao persoal técnico dos CAPM se lles vai a respectar logo da RPT, o exercicio das funcións propias da súa profesión, ao cal non responde.
  • Finalmente, dados os numerosos temas pendentes de xestión diaria e bon funcionamento dos centros, que non podemos tratar nesta comisión, a CIG pídelle ao xerente que se comprometa a reunirse coa representación das/os traballadoras/es nun prazo de 15 días, ao que o xerente emite vagas escusas referidas a rematar primeiro ca negociación da RPT.

RESUMINDO: Como nas anteriores reunións din que desta xa vai… Estaremos vixiantes porque realmente sexa así, e en 15 días teñamos o comprometido; e non sexan só promesas en tempos preelectorais.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...