Novas por contido

O 21 de febreiro de 2019 xuntouse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa ausencia de UGT.

Destacamos os seguintes puntos relevantes:

Logo da denuncia da CIG do pasado xullo onde a inspección requiriu a necesidade de formación, comeza o Curso obrigatorio sobre riscos específicos do seu posto de traballo (Art 19 LPRL) para Axentes Facultativos Medio Ambientais. Solicitamos que se amplíe para o resto de personal da Consellería.

Equipos de protección individual no leito fluvial: Avalíase todo o material entregado e solicitase  o traxe seco, que é mais seguro, en vez de vadeador  para as próximas entregas.

Roupa de traballo e vehículos do persoal de Conservación da Natureza: Esiximos a súa e que se entregue de forma inmediata, o cal a administración resposta que están a esperar a que Medio Rural publique a orde de uniformidade para facer unha compra conxunta. Nos xa non tragamos con mais escusas, o catálogo esta feito e iremos a inspección.

Vehículos consellería, din que están a valorar as propostas, unha vez resolto hai un prazo de 15 días para recurso e 2 meses de entrega polo que supón que en xuño estarán.  Os vehículos de renting entregados fai catro anos teñen unha prorroga de 2 anos máis.

Recollida de coellos de monte afectado por mixomatose, O Responsable do Servizo de Prevención de Riscos Laborais di que a mixomatose non afecta aos humanos polo que a recollida destes animais ten o mesmo protocolo que o do resto dos cadáveres. Solicitamos a revisión do protocolo de recollida de animais mortos.

Despregamento da nova rede de comunicacións TETRA. Solicitase a entrega de unha emisora portátil a cada vixilante de recursos naturais,  dende a CIG recordamos a esixencia de dita rede que conecte cun centro de control (112, 085 ou propio)  e a activacion do botón de emerxencia.
Plan de acción das oficinas do Distrito Ambiental XVI sitas na Semana Verde Silleda. Fíxose entrega na propia xuntanza polo que ten que quedar para o seguinte comité.
Ademais...

A CIG solicitamos cursos de incendios forestais para o persoal que pase a Consellería  de Medio Rural no verán, cursos de formación para o persoal que se acolla a segunda actividade, recollida de velenos e mostras.
A programacion para o 2019 e a revisión dos protocolos de vixilancia da saúde e informe de sinistrabilidade do ano 2018, que non sequera elaboraron.

A Cobertura de todas as prazas vacantes como pilar fundamental na prevención dos riscos laborais evitando a sobrecarga de traballo e o illamento.

COA CIG SOMOS MÁIS FORTES, COMBATEMOS OS RECORTES, SEN RENUNCIAS!!

Outras novas recentes

Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...