Novas por contido

O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Tamén houbo información interesante en rogos e preguntas

MODIFICACIÓN DA RPT DO ISSGA

A pesares das dúbidas legais expostas pola CIG, a Administración non fixo ningún cambio. Descargar. A RPT foi aprobada co voto en contra de CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO C2-AUX.SPDCIF

A petición da CIG o DXFP aclara que non se pode participar simultaneamente na quenda de acceso libre e na de promoción interna. Tamén aclara que o tempo traballado na categoría 14 A Bombeiro/a forestal condutor/a computará para a especialidade de Bombeiro/a forestal. O mesmo coa experiencia profesional de emisoristas e vixiantes fixos que computarán para a especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a. Preguntado pola categoría de vixilante móbil que non ten correspondencia en ningunha escala, o DXFP di que proximamente traerán unha proposta. Retiran a valoración por puntos da proba física, retomando o de apto/non apto. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG, voto a favor de CCOO e UGT, e voto en contra do CSIF.

PROCESO SELECTIVO A1-SAÚDE LABORAL

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 210 a 230 minutos e o do segundo de 130 a 150. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A1-SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 210 a 230 minutos e do segundo de 130 a 150. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. En consonancia co exposto para a RPT do ISSGA, CIG plantexa dúbidas legais a respecto da titulación esixida. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A2-SAÚDE LABORAL

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 180 a 200 minutos e o do segundo de 100 a 120. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG e CCOO, e voto a favor de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO A2-SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Cambios: suben o tempo do primeiro exame de 180 a 200 minutos e o do segundo de 100 a 120. O primeiro exame non será antes dos 12 meses posteriores á data de publicación da convocatoria no DOG. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

CIG e CCOO abstención, CSIF e UGT a favor. En consonancia co exposto para a RPT do ISSGA, CIG plantexa dúbidas legais a respecto da titulación esixida.

FORMACIÓN EN IGUALDADE E PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Proposta de Orde de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autonóma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Descargar versión da CP.

CIG denuncia que non houbo negociación, polo que vota en contra, CCOO e CSIF a favor e UGT abstención.

ROGOS E PREGUNTAS

O DXFP informa:

  • A vindeira MX será o venres e irán as bases de subalternos, a de ordenanzas, a de técnicos estatísticos e a de letrados (finalmente estas dúas non entraron). Con esto remataría o primeiro ciclo de convocatorias.
  • A finais de marzo, nun segundo ciclo, virá a negociación dos procesos da escala de Servizos Sociais (médicos/as, psicólogos/as, enfermeiros/as, terapeutas ocupacionais, etc) preto de 600 prazas para aprobar en abril.
  • Nos vindeiros días virá a orde que regulamenta a concesión do grado I do procedemento extraordinario de carreira profesional, coa intención de aprobala en marzo.
  • Manteñen a intención de aprobar a OEP 2019 no primeiro trimestre. Di o DXFP que a data máxima para levala ao Consello da Xunta é o 28/03/2019.

CIG pregunta pola aplicación do V Convenio ao persoal da Fundación Cidade da Cultura. Non lle consta petición ningunha nese senso. Mirarano.

Outras novas recentes

Luns, 16 Marzo 2026

Á Xunta non lle importa a saúde do seu persoal ainda que traballen con gas radon

O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co...
Xoves, 12 Marzo 2026

Convocatoria do concurso de traslados de xerocultura e PSX

No DOG do 12/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de...
Xoves, 12 Marzo 2026

O Parlamento galego rexeita a cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Os votos en contra de PP e PSOE impediron aprobar a solicitude ao Goberno do Estado para instaurar por lei un mecanismo que impida a perda de poder adquisitivo PhJttJsLj_g O pleno do Parlamento de Galiza rexeitou na mañá do 10 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a proposición non de lei promovida pola CIG-Administración Pública que...