Novas por contido

Podes consultar a resolución do DOG.

No DOG de hoxe 19.05.26, publícase a Resolución do 11 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 130 de xuño).



En relación co primeiro e segundo exercício do proceso selectivo:


Anúlanse as preguntas número 24, 29 e 57 da parte específica do primeiro exercicio de promoción interna. As ditas pregunta son substituídas polas preguntas de reserva número 101, 102 e 103 respectivamente. Así mesmo, anúlase a pregunta 61 correspondente ao segundo exercicio, que se substitúe pola pregunta 104. Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Anúlanse as preguntas número 44, 49 e 77 da parte específica do primeiro exercicio da quenda libre. As ditas pregunta son substituídas polas preguntas de reserva número 123, 124 e125 respectivamente. Así mesmo, anúlase a pregunta 81 correspondente ao segundo exercicio, que se substitúe pola pregunta 126. Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

• O primeiro exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, publicados no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que, no acceso pola quenda de promoción interna, superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que teñan un mínimo do 40% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Nesta quenda acadou a puntuación mínima de 30 puntos unha persoa aspirante no seu conxunto, e fixouse en 24 o número de respostas correctas necesarias para conseguir a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Na quenda de acceso libre superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40% das respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes. Na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 71 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouse en 32 o número de respostas correctas necesarias para conseguir a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

• A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superar as persoas aspirantes o primeiro exercicio. Asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

• Na quenda libre superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Se o número de aspirantes que superan o exercicio resulta inferior ao número de prazas convocadas, o tribunal declarará, ademais, que superaron o exercicio aquelas persoas aspirantes que acaden unha mellor puntuación ata completar o número de prazas convocadas. Neste suposto, será imprescindible que os aspirantes acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Realizada a corrección, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de 38 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouse en 20 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Na quenda de promoción interna acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de 1 persoa aspirante no seu conxunto, e fixouse en 16 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Estarán exentas de realizar o exercicio de coñecemento da língua galega as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado. Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.

• As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza das cualificacións do segundo exercicio e deberá tramitarse a través da aplicación Fides.

• Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Xullo 2026

Concurso Específico de persoal técnico de Medio Rural: a crónica dun concurso á carta

O martes 14 de xullo, discutimos con Medio Rural a súa proposta de Concurso Específico para os postos de xefaturas de distrito forestal. Constatouse unha máxima da moi rica e variada gastronomía galega: igual que temos caldo de repolo, de nabizas ou de grelos coas miles de variantes comarcais e incluso familiares, a Xunta pretende emulala nos concursos específicos.  O...
Venres, 17 Xullo 2026

Oposicións a enx.agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (MSF 16/07/26)

Na Mesa Sectorial do xoves 16 de xullo, tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven)....
Venres, 10 Xullo 2026

Listaxes provisionais de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social

No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...