Novas por contido

Podes consultar a resolución do DOG.


No DOG de hoxe 19.05.26, publícase a Resolución do 30 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 133, do 14 de xullo).


En relación co primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo:

 

Anúlase a pregunta número 44 do primeiro exercicio de promoción interna e a correspondente pregunta número 64 do primeiro exercicio de acceso libre. A dita pregunta é substituída pola pregunta de reserva número 101 do exercicio de promoción interna e a correspondente pregunta número 123 do exercicio de acceso libre.

• O primeiro exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, publicados no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que, no acceso pola quenda de promoción interna, superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que teñan un mínimo do 40% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, e na quenda de acceso libre superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40% das respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes.

• Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

• No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Se o número de aspirantes que superan o exercicio resulta inferior ao número de prazas convocadas, o tribunal declarará, ademais, que superaron o exercicio aquelas persoas aspirantes que acaden unha mellor puntuación ata completar o número de prazas convocadas. Neste suposto, será imprescindible que os aspirantes acaden o mínimo do 40% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

• A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superar as persoas aspirantes o primeiro exercicio.

• Realizada a corrección, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de 118 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouse en 20 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Na quenda de promoción interna acadaron a puntuación mínima de 20 puntos un total de 13 persoas aspirantes no seu conxunto, e fixouse en 17,50 o número de respostas netas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas.

• Estarán exentas de realizar o exercicio de coñecemento da lingua galega as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado. Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.

O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio e deberá tramitarse a través da aplicación Fides.

• As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza das cualificacións do segundo exercicio e deberá tramitarse a través da aplicación Fides.

• Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público.

Outras novas recentes

Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...