Novas por contido

Dende sempre, o SMAC de Vigo tivo unha importante carga de traballo motivado, esencialmente, por ser unha cidade de marcado carácter industrial. Esta condición provocou unha constante reestruturación dos distintos sectores produtivos: o naval, o metal, a construción, o automóbil, o comercio ... De aí a importancia da mediación administrativa prevía a xudicial.

Neste sentido, a carga de traballo do SMAC de Vigo, computada en número de expedientes, duplica amplamente a dos SMACs de Santiago, Ferrol, Lugo e Ourense, sendo lixeiramente inferior ao do SMAC de A Coruña.

Pola contra, a dotación de persoal do SMAC de Vigo nestes intres é exclusivamente de un letrado, carecendo de persoal administrativo de conciliacións, fronte ao persoal do SMAC de A Coruña con tres letrados e cinco de administración, ao de Santiago con dous e un respectivamente, Ferrol con un e dous, Lugo con tres e dous, e Ourense con dous e tres. Esta esperpéntica situación de Vigo non é moito peor que o SMAC de Pontevedra, que con un numero de expedientes parello ao Ourense, conta con unha letrada e unha persoa con funcións administrativas a tempo parcial.

Na Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Economía aparece que a unidade de Vigo conta con tres letrados conciliadores -un deles ademais é o xefe da sección- e un negociado administrativo. Esta situación de absoluta precariedade de persoal nos SMACs desta provincia de Pontevedra, foi reiteradamente informada á xefatura territorial, que sempre opuxo atrancos administrativos, para xustificar a mais absoluta incapacidade na xestión do persoal, e non exercer a súa responsabilidade de dotar de persoal, co chamamento ás listas de substitución, de dous titulados superiores co grado de dereito e unha persoa para funcións administrativas nas conciliacións.

Dende a CIG esiximos da xefatura territorial unha resposta a esta carencia de persoal que debe pasar polas seguintes accións:

1. Cobertura inmediata dos postos de traballo, tanto da vacante de letrado como da letrada en situación de permiso por maternidade.
2. Dotación de persoal administrativo en dous postos máis, cando menos.
3. Modificación da RPT para equiparar en efectivos a esta unidade coas demais do País.

Dende a CIG consideramos que a Xefatura vai a ofrecer unha resposta positiva, pero se está non se executa inmediatamente, iniciaremos as denuncias que procedan e pediremos o ceses tanto do Xefe Territorial como da xefa do servizo de coordinación administrativa.

A CIG di NON ao desmantelamento do SMAC de Vigo.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...