Novas por contido

Como un cura que sermona á freguesía durante unha hora, así actúa a directora da EGAP nos consellos reitores. E como un cura iracundo coas ovellas descarriladas, deste xeito se comporta a directora coa representante da CIG por non darlle xabón e levármoslle a contraria.

O mércores 30 de xullo tivo lugar unha xuntanza do órgano de goberno da EGAP, o Consello Reitor. Que fastío, que mallada nos deu a directora do ente. Que paciencia ten o conselleiro de Facenda, varias directoras e directores xerais... e a representación sindical, entre elas, a CIG.

A documentación suma unhas 400 páxinas repartidas en 34 documentos, e recibímola só 3 días hábiles antes da xuntanza. Así que dificilmente pode ser estudada en condicións axeitadas para discutir a xestión da EGAP no seu órgano de goberno. Pero xa temos á directora para sacarnos do apuro: pásase case toda a xuntanza LENDO os documentos que xa achegaran, proxectados en diapositivas. Un aburrimento, sen debate, sen que as persoas participantes abran a boca. Agás a CIG.

A consecuencia de ser unha mosca no nariz da directora é que nos dificultan a asistencia poñéndonos impedimentos para ir, tentan evitar que falemos ata que ela remate de ler en todos os puntos da orde do día, desconéctasenos a comunicación xusto (e só) cando fala a CIG. 

As xuntanzas do Consello Reitor, órgano de goberno da EGAP, son dúas ao ano (incumpren a periodicidade trimestral), entregan a morea de documentación nun prazo de tempo no que non é posible nin lela, e xa no Consello Reitor, a mesma liturxia: a directora solta o conto lendo diapositivas en todos os puntos da orde do día, sen ofrecer nin un só dato distinto ao que temos na documentación; logo, despois de aturarlle todas as andrómenas durante unha hora ou máis, espeta se alguén ten algunha pregunta e, normalmente, só a CIG ten algo que dicir (mesmo hai quen a felicita). Remata, recolle os aparellos e xa ten outro consello reitor para botar a rir na colección.

Volvemos en setembro.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...