Novas por contido

Traballadores/as concentráronse diante da Xunta de Galiza, para denunciar a súa “nefasta” xestión de persoal

Persoal da Administración Autonómica concentrouse a mañá do mércores 19 diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano para demandar o cese do Director Xeral de Función Pública pola súa "nefasta" xestión; a “chapuza” da funcionarización obrigatoria; as amortizacións de postos e o peche de servizos e exixir a convocatoria inmediata de concursos de traslado; procesos de promoción interna; procesos selectivos e unha verdadeira carreira profesional, consolidada e universal.

A CIG responsabiliza a José María Barreiro de levar máis de 11 anos demostrando unha continuada e manifesta ineptitude na xestión do persoal da Xunta de Galiza. Por iso presentou un escrito formal dirixido ao Presidente da Xunta e outro ao conselleiro de Facenda para que se proceda de inmediato ao seu cese.

Entre outras cuestións denunciamos a falta de mobilidade do persoal e afirmamos que levamos case catro anos sen concurso de traslados para corpos xerais e moitos máis para corpos especiais, escalas e persoal laboral. Este Director Xeral está a promover unha mobilidade a dedo, por medio de comisións de servizo das que temos xa denunciadas máis de 400 ilegais.

A este respecto lembramos que só en 2018 a CIG contabilizou 984 novas comisións e 1.301 renovacións, o que dá un total de 2.285 e no que vai de ano un total de 380 máis 760 renovacións, o que dá un total de 1.140.

As comisións de servizos son unha forma subxectiva de pedir un traslado e non é de recibo. Por iso reclamamos que se convoque de inmediato os concursos de traslados.

Alertamos ademais da alta temporalidade que hai na Xunta de Galiza que acada o 60% no persoal de incendios. Acusamos tamén disto ao Director Xeral pola falta de Ofertas de Emprego Público porque nin sequera se cumpre a taxa de reposición coa que se autolimita. Apenas hai uns centos de prazas cando hai milleiros de prazas en fraude de lei e temporais na Xunta de Galiza. Denunciamos, por iso, o alto nivel de precariedade intolerable.

Ausencia de negociación colectiva

Xunto a isto denunciamos tamén que as mesas de negociación colectiva están corrompidas porque se adoptan as decisións sen asinarse previamente os acordos ou estes son acadados con determinadas organizacións sindicais "por detrás”, eludindo así abordar as cuestións que afectan a todas as empregadas e empregados públicos no lugar onde se ten que facer. O que se produce é unha distorsión do feito da negociación colectiva, como prohibir a información.

Neste sentido, hoxe en día non temos sequera acceso ao buzón de postos de temporalidade, nin sabemos as prazas que están vacantes. Isto sería grave nunha empresa privada pero é inadmisible na administración pública.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....