Novas por contido

O xoves 4 de xullo acudimos a unha xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública para tratar basicamente o concurso de corpos xerais (ver resumo desta parte), RPTs e algunha cousa máis:

 

RPTS PARA MESA XERAL

Tratáronse as seguintes RPTs, que van ir á Mesa Xeral que vai ser o luns 8/7/2019:

RPT de Medio Ambiente

  • Traen unha modificación de posto de traballo a amortizar, nas negociacións da rpt, amortizábase un posto base grupo C2 (estaba ocupado por un interino dende facía 2 meses). Agora non se amortiza este posto e amortízase un de Telefonista no mesmo centro (a titular faleceu hai duas semanas, aproximadamente).
  • Ademais fan un cambio escalas da xefatura de servizo de Prevención e Control Integrado da Contaminación (quitan a escala enxeñeiros e poñen a escala de ciencias).
  • Esta RPT xa pasou pola Comisión de Persoal, pero ante os cambios consideran que deben volver a levalo.

RPT dos Órganos Superiores da Presidencia da Xunta

  • Modificación das áreas funcionais de dous postos .
  • Cambian na Formación Específica do posto de MEDICO/A o requisito indispensable por dous códigos como MERITO.
  • No posto de GOBERNATE/A colocan a un laboral indefinido non fixo de sentenza.
  • Modifican o complemento especifico do posto de SUBDIRECTOR/A do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Neste posto aproveitamos unha vez mais para solicitar que sexa un posto de CONCURSO, pois neste centro xa existe o posto de DIRECTOR como posto de LD.

RPT DE AGADIC

  • Execútase unha sentenza gañada por CCOO, para que se lle pague aos traballadores a “Dispoñibilidade horaria” os 12 meses do ano. Esto ven do ano 2016, rematando cun auto de execución de sentenza. SOLICITAMOS A ASUNCIÓN DE RESPONSABILIDADES POR PARTE DE QUEN NON O FIXO ANTES EN TEMPO E FORMA, SENON QUE SE DEDICOU A RETORCER A SENTENCIA XA GAÑADA.
  • Amortizan un posto vacante para financiar o plus.

RPT DE GAIN (pluses)

  • Traen a mesma proposta de pluses que levaron ás mesas de negociación, e que levaron ao Comité Intercentros e que a parte sindical reixeitou. Na mesa de negociación opuxemonos a que dous postos (que están ocupados polos ex-xerentes) teñan un plus de responsabilidade de 6.721.82 € cada un, por facer traballos de administración (como calquera posto base A1 ou do grupo I), e baixo a responsabilidade dos seus xefes de servizo pertinentes.
  • A maiores opoñémonos a que o Administrativo (delegado de CCOO) e Auxiliar Administrativo teñan un plus de perigosidade, por entender que a este tipo de traballadores non lles corresponde porque as funcións que teñen que realizar non conlevan perigosidade, se como din dende CCOO realizan traballos que non lles corresponden como indican no informe “...funcións no almacen, realizando entre outras tarefas de carga e descarga de equipos dos clientes, sendo necesario nalgunhas ocasións o uso da carretilla elevadora...recoñécese factor de perigosidade porque estes traballos poden supoñer a exposición a riscos por sobreesforzo por levantamento de pesos ou, no seu caso polo uso de carretilla elavadora”. Entendemos que non corresponde o plus, senon que o procedente é a creación dun posto de traballo para a realización deses traballos. Indicar a maiores que o posto de Administrativo e do grupo III cat 2, que xa leva incluido no seu salario uns 900,00€ mais ao ano que os Administrativos do grupo III cat 62.

OUTROS ASUNTOS

Criterios concesión cursos EGAP: O DXFP fai referencia a un asunto que ainda que non é materia dos concursos, si ten relación: falou coa EGAP e están a discutir mudar os criterios de selección para os cursos, no sentido de flexibilizar a penalización de un ano cando se renuncie a un curso, que ve excesiva cando ao tempo se está a conceder mogollón de cursos a outra xente.

CIXTEC: a CIG pregunta pola integración deste ente. DXFP-> “estamos trabajando en ello”. Di que tentará concretar datas.

Cronograma procesos selectivos: nos “vindeiros días” nomearán 13 tribunais, e para estes exames despois de agosto. Seguimos sen “cronograma”.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...