Novas por contido

A CIG vén de rexistrar escrito perante a Secretaría Xeral Técnica de Medio Rural esixindo documentación da contrata con TRAGSA referente aos materiais e vehículos das novas brigadas do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais (SPIF).

Logo da recente incorporación do persoal de brigadas no SPIF, de nova contratación, coñecemos algúns datos unha vez os tivemos diante dos nosos ollos, diante da total opacidade e descontrol en todos os eidos que nos brindou a Consellería do Medio Rural nestas últimas semanas.

Até o de agora, no que aos materiais e vehículos para o SPIF se refire, dende a Secretaría Xeral Técnica do Medio Rural escolléranse procedementos abertos onde alomenos coñeciamos as condicións técnicas dos materiais e vehículos que se esixían.

Desta vez para esquivar as mínimas garantías, a Consellería decantouse por utilizar un subterfuxio legal e acolleuse un artigo da lei 9/2017 de contratos do sector público que habilita este tipo de encomendas a empresas que teñen consideración de medio propio -como neste caso TRAGSA-, tal e como recolle a orde de execución de encargo asinada pola Secretaría Xeral Técnica con data de 20 de maio de 2019.

Ao final, e sen a máis informacións que esta execución de encarga, vemos que tanto nos vehículos como nos materiais se escolleron opcións diferentes e de peores calidades que para o resto de persoal do SPIF. Non entendemos esta diferenciación de materiais entre  o persoal.

Así, o que nun principio nos parece unha boa nova como é a contratación de  máis persoal para o SPIF, se converteu coa nefasta xestión da Xunta, nunha chapuza en maiúsculas a todos os niveis, tanto técnicos como administrativos e económicos.

En canto ás condicións técnicas, logo de analizar os EPI, podemos dicir que cumpren as condicións mínimas de seguridade, pero baixan a calidade de materiais con respecto aos óptimos, sobre todo no que ás fundas e calzado se refiren, a maiores de xerar unha diferenciación innecesaria e contraproducente na extinción.

Nos vehículos, optar polo modelo antigo que se utilizaba no SPIF, xa sustituído actualmente por mellores accións, e a carencia de equipo de extinción -como si ten o resto do persoal-, amósanos que seguramente a improvisación fose o principal actor neste desaguisado.

Esiximos no noso escrito que se aclare por que se escolleron e con que avais ou esixencias técnicas materiais e vehículos.

No económico, a CIG xa lle presentara por todas as vías á Consellería unha fórmula que permitía aforra a metade do que finalmente se gastou, arredor de millón e medio de euros en total.

Tal e como propuxeramos, duplicando as brigadas actuais utilizarían os mesmos vehículos e instalacións que as brigadas xa existentes, polo que non entendemos como se escolleu esta fórmula que despilfarra arredor dun millón de euros, sendo a meirande parte só para esta campaña de 2019.

A maiores, no que aos EPI se refire, mesmo custe con peores resultados. Esiximos tamén que se nos aclare por que se escolleu esta fómula, e que avais técnicos a recomendaron.

En definitiva, unha proposta -a de reordenación do SPDCIF- que foi presentada en abril de 2018 ás organizacións sindicais, e que rematou cunha xestión desastrosa a todos os niveis -mesmo na xestión do persoal-  tendo tempo máis que suficiente para que houbera unha optimización dos recursos.

Diante disto, entendemos que os responsábeis deben presentar a súa dimisión.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...