Novas por contido

O día 24 de xaneiro a conselleira de Política Social, na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta no que se aprobou a Lei de impulso demográfico de Galicia, anunciou a implantación de axudas para a creación de “mini escolas infantís” nos centros de traballo das empresas privadas.

A conselleira afirmou que “Ese tipo de subvenciones no están incluídas dentro del texto legal, sino que figura como una de las medidas nuevas en que trabaja el departamento de cara a paliar la crisis demográfica...”

O art. 52 da Lei de impulso demográfico de Galicia expón que “a administración autonómica avanzará na implantación de servizos de conciliación nos seus principais centros de traballo e promoverá a dotación destes recursos no resto das Administracións públicas de Galicia”.

Na maior parte dos centros de traballo da Xunta de Galicia non existe este recurso de conciliación obrigando aos empregadas públicas a levar as crianzas a escolas infantís a máis de 1 km, como pasa nos edificios administrativos de Ourense, Lugo, A Coruña e incluso en Santiago de Compostela.

Desde a CIG solicitamos a Conselleira de Política Social a creación de escolas infantís de xestión pública dentro dos edificios administrativos e delegacións territoriais  da Xunta de Galicia. 

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...