Novas por contido

Avaliacións de riscos psicosociais

Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa)

Dende a CIG recordámoslle á Administración que se están a incumprir as medidas acordadas após a avaliación de riscos psicosociais no Igafa. Estas medidas son de obrigatorio cumprimento, polo que esiximos a súa implantación de forma inmediata.

Escola Oficial Naútico-Pesqueira de Ferrol

A resolución de Inspección de Traballo ante a denuncia interposta pola CIG estima obrigatoria a avaliación de riscos psicosociais na Escola Naútica de Ferrol , polo que pedimos que se efectúe dita avaliación de riscos á maior brevidade.

Centro de Investigacións Mariñas (Cima)

Informa a xerente do Cima que se levarán a cabo proximamente obras de reforma e mellora no centro: a reforma dun baño adaptado e a do laboratorio de patoloxía, zona de extracción e zona de despachos.

Recordamos a necesidade dunha avaliación de riscos despois da reforma, así como que se aproveite para a renovación dos equipos existentes para unha mellor eficiencia.

DepartamentoTerritorial da Coruña

Informan dende o Departamento Territorial da Coruña das accións efectuadas para a corrección dos riscos detectados na avaliación de riscos do Departamento. Quedan pendentes de corrixir as altas temperaturas na oficina de persoal biólogo e de pesca de baixura, de trasladar o arquivo para un novo local e da creación dun espazo de laboratorio para o uso do persoal biólogo e persoal técnico de recursos mariños.

Solicitáronse as medicións de radon ao Instituto Social da Mariña, que só facilitou uns resultados do 2019. Pedimos que faciliten todo o informe e que se fagan novas medicións, de ser preciso.

Accidentes de traballo

A vicesecretaria informa dos accidentes de traballo do ano 2025.

Radon

Despois das medicións de radon efectuadas na consellaría e após os resultados obtidos, lévanse a cabo medidas correctoras no edificio de gardacostas en Santiago, na  Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e no Igafa. Infórmase das medidas efectuadas.

A solicitude da CIG, recórdaselle ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galiza (Intercmar) a obrigatoriedade para empresas e centros de traballo de efectuar medicións de gas radon.

Formación

Estanse programando novos cursos de formación nas seguintes materias:

  • Condución segura
  • Resolución de conflitos
  • Navegación segura/seguridade marítima

Rolda de intervencións

Dende a CIG tratamos os seguintes asuntos:

  1. Control de pragas na Escola Náutico-Pesqueira de Ferrol. Esiximos que se siga estritamente a normativa en materia de control de pragas e que todo o proceso se leve a cabo por empresas acreditadas.
  2. Labores de mostraxe. Débese levar a cabo a avaliación de riscos dos labores de mostraxe en embarcacións menores (planadoras). Lémbrase a necesidade dun seguro que cubra os labores de mostraxe do persoal da Consellaría que realiza este tipo de traballo.
  3. Roupa de traballo e EPIs. Detectáronse deficiencias na equipación de chalecos salvavidas no persoal que embarca. Recórdaselle á Consellaría que se cumpra a normativa sobre seguridade no mar.
  4. Volvemos presentar queixas sobre os recoñecementos médicos en Pontevedra e solicitamos que se mellore o servizo. Tamén solicitamos que se preste un mellor servizo nas localidades de Vilagarcía, Ribadeo e zona norte, xa que tódolos anos se presentan queixas polas deficiencias dos recoñecementos de saúde.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...