Novas por contido

Ao estudar a diferente normativa referente á reincorporación e medidas de protección do persoal fronte ao risco biolóxico por covid-19 atopamos que non aparecen por ningún lado, nin recollidas nin avaliadas, as condicións e traballos dun colectivo moi importante existente en todos os centros de traballo e que se ocupan de manter os nosos postos de traballo como espazos seguros: o colectivo formado polo persoal de limpeza.

Esta invisibilidade e desprotección do persoal de limpeza da Xunta, composto na súa grande maioría por mulleres, maniféstase na súa escasa (ou nula) mención nos diferentes Protocolos e Avaliacións de riscos, establecidas polas diferentes consellerías.

Así no informe das medidas adoptadas en aplicación do protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao Covid-19 (actuacións preliminares) remitido pola Consellería de Presidencia, unicamente hai mención expresa nesta frase: “Daranse indicacións ao persoal de limpeza que cando estea realizando as súas tarefas, ventile axeitadamente as instalacións.

As medidas establecidas polo Ministerio de Sanidade, que no documento denominado “Buenas Prácticas en los Centros de Trabajo Medidas para la Prevención de Contagios del Covid19" expón, no punto 4 das Medidas organizativas:

4. Es necesario contar con aprovisionamiento suficiente de material de protección, especialmente guantes y mascarillas, para el personal cuando así lo indique el servicio de prevención de riesgos laborales y, muy concretamente, el más expuesto (médicos y enfermería de empresa, personal de limpieza, personal de cara al público). 

Ademais, no documento denominado “Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la exposición al SARS-Cov-2, de 30 de abril de 2020” consta:

“Se prestará especial atención a la protección del personal trabajador que realice las tareas de limpieza”.

Ainda que de acordo con esta guía, o persoal de limpeza está catalogado como de exposición de baixo risco, afirmación que non comparte a CIG Autonómica, a propia guía determina para este tipo de persoal: “En función da avaliación específica do risco de cada caso: compoñentes de EPI de protección biolóxica”.

Pola contra, a realidade é que o persoal da Xunta que realiza funcións de limpeza de instalacións durante o período de apertura ó público non pode garantir as distancias con respecto ós usuarios, pois está en acción permanente en aseos e corredores polos que transitan as persoas visitantes.

Ao non ter feitas as avaliacións dos seus postos como expostos ao risco biolóxico nos diferentes edificios administrativos e demais centros de traballos por parte da Xunta de Galiza, non pode minimizarse o risco e por tanto as circunstancias de traballo do persoal de limpeza atribuíndolle baixa probabilidade de exposición posto que non son personal administrativo, nin dispoñen de barreira colectiva, nin son persoal de seguridade, únicos que se catalogan como tal nesa guía.

Esiximos que por parte dos servizos de prevención se proceda a realizar a correspondente avaliación de riscos biolóxicos por covid-19 dos postos de traballo do persoal de limpeza en todas as consellerías; tendo en conta que coa reapertura dos centros ao público este persoal non será capaz de manter os 2 metros de distanciamento físico e que ademais no momento actual en adición ós riscos biolóxicos desta enfermidade emerxente se lle engaden os químicos derivados do incremento da exposición a produtos de desinfección.

Solicitamos que se proceda á revisión das ratios de cada centro e se incremente o persoal de limpeza posto que as funcións de limpeza se incrementan coas de desinfección de máis zonas e maior superficie (pomos, aparos, cadeiras, etc) e do número de veces que se debe limpar.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Venres, 24 Xullo 2026

Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución da xornada de traballo

No DOG do 24/07/2026 publican a ORDE do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se convocan para o ano 2026...
Luns, 20 Xullo 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de educación infantil e auxiliar coidadores

No DOG do 20/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos,...