Novas por contido

Un ano máis, Función Pública perpetúa a discriminación a gran parte do seu persoal ao non aplicarlle o horario de verán.

No canto de regulamentar o horario de verán de xeito permanente, a Dirección Xeral de Función Pública enviou unha nota informativa que é un corta e pega das notas informativas de anos anteriores.

O horario de verán vai adiante sen negociación coas organizacións sindicais. Pese a compremeterse a remedialo, o director xeral da Función Pública afonda na discriminación e deixa fóra unha vez máis, ao persoal que ten horario especial, traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. A CIG demanda que o horario de verán sexa de aplicación a todo o persoal, e se non pode ser aplicado que se ofreza algún tipo de compensación en forma de descanso.

Ao tempo, na CIG seguimos a esixir a ampliación do horario de verán para quen teña conciliación familiar, do 1 de xuño ao 30 de septembro, a semellanza do que dispoñen as traballadoras/es da AGE como un dereito consolidado desde o ano 2016:

Por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, os empregados e empregadas públicos con descendientes ou persoas suxeitas á súa tutela ou acollemento de ata 12 años de idade, siempre que convivan co solicitante e dependan deste, estando ao seu cargo, poderán acollerse a esta modalidade de xornada intensiva dende o 1 de xuño e ata o 30 de setembro. Este dereito poderá exercerse tamén o ano en que o menos cumpra a idade de 12 anos.

Igualmente poderá acollerse a esta modalidade de xornada intensiva [..] quen teña ao seu cardo persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que convivan co solicitante e dependan deste.

E a mesma esixencia mantemos coa famosa bolsa de horas do 5%, vinculada á conciliación, que continúa sen regularse. Na AGE xa a están a gozar hai tempo. Ao longo da negociación do Acordo de concertación que asinaron UGT e CCOO, a CIG defendeu que esta bolsa de horas do 5% non estivese ligada exclusivamente á conciliación, senon que fose de aplicación a todo o persoal, de xeito que se puidese converter nunha especie de “bolsa de horas positivas”. Pero, unha vez máis, non quixeron.

 

Outras novas recentes

Xoves, 09 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (para MSF 13/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o luns 13 de outubro, coa seguinte Orde do día: Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo superior-A1 Descargar Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo de xestión-A2. Descargar Bases da...
Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Xoves, 09 Outubro 2025

O Tribunal Supremo obriga a que o TSXG se posicione sobre a obriga de certas PSX do Consorcio a asumir tarefas de limpeza

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...