Novas por contido

O xoves 11 de xuño as organizacións sindicais CIG, CCOO,CSIF e UGT temos convocada unha nova xornada de mobilizacións nos centros da Consellería de Política Social.

Como as anteriores xornadas, o motivo fundamental segue a ser a negativa da Consellería á recuperación dos dereitos que se manteñen recortados do V Convenio Colectivo Único do seu persoal dende o ano 2012 e o empeoramento das condicións laborais impostas coa escusa da crise sanitaria.

Os dereitos recortados desde a crise anterior produciron a amortización de parte do cadro de persoal e o aumento da carga de traballo. A esto sumámoslle a falta de medios materiais e o alongamento da situación de excepcionalidade nos centros de Politica Social que provocou a crise sanitaria do coronavirus e a falla de vontade negociadora da consellería. O persoal das residencias de maiores, centros de menores e centros de atención a persoas con discapacidade sairán en concentración diante dos seus centros de traballo na quenda de mañá entre as 11:00 e as 11:30 h. 
 

  • Data: Xoves, 11 de xuño de 2020

  • Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas

Aínda que as concentracións vanse realizar a partir das 11 da mañá nos centros de toda Galiza, sinalamos as que convocamos como referencia para os medios de comunicación:

  • Ferrol: Residencia Maiores Caranza

  • Coruña: Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña

  • Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro

  • Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria

  • Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca) - rolda de prensa

  • Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo

  • Vigo: CAPD Chapela e  o CARPD Vigo l

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM|320|180|0 Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF,...