Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o luns 13 de outubro, coa seguinte Orde do día:

  1. Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo superior-A1 Descargar

  2. Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo de xestión-A2. Descargar

  3. Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo administrativo-C1 Descargar

  4. Bases da convocatoria da promoción interna separada ao corpo auxiliar-C2 Descargar

Queda fora desta mesa, as bases da convocatoria da promoción interna separada á escala de persoal de servizos xerais (PSX)-C2, borrador que tamén enviaran o día 8 de outubro conxuntamente cos de corpos xerais.

Nas catro convocatorias de corpos xerais, reducen un pouco do programa a Lei 7/2023, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galiza. E nas bases de A1 e A2 modifican o número de preguntas do primeiro exercicio para igualar o número de preguntas ao da convocatoria anterior (pasa de 180 a 160 en A1, e de 160 a 140 para A2).

Unha vez que pase por Mesa Sectorial, queda pendente a súa aprobación nunha Comisión de Persoal posterior.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...