Novas por contido

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

A CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, vivendas comunitarias e escolas infantís, a obriga habitual (non puntual nen excepcional) de realizar a limpeza dos seus propios centros de traballo; por non dispor de servizo específico de limpeza ou, dispondo dese servizo, por non ser suficiente para atender á dita tarefa.

A esta demanda da CIG adheriuse CC.OO. e CSIF, mais non o fixo UGT.

En novembro de 2023 a Sala do Social do TSXG rexeitou a demanda, sen entrar no fondo do asunto, argumentando que non era obxecto de conflito colectivo, polo que quen quixera reclamar tería que facelo individualmente.

Diante deste pronunciamento, en xaneiro do 2024,  presentamos recurso de casación perante a Sala do Social do Tribunal Supremo, para impugnar a sentenza da Sala do Social do TSXG por varios motivos, entre outros, por considerar que estabamos diante dun conflito colectivo e, polo tanto, o procedemento era o axeitado.

O 10 de setembro do 2025, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou sentenza, no recurso de casación, pola que anulou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ao entender que o conflito era colectivo e que, polo tanto, a Sala do Social tiña de entrar no fondo do asunto e ditar nova sentenza.

Agora, hai que agardar á sentenza que terá que ditar a Sala do Social do TSXG, sobre o fondo da cuestión. E xa van dous anos!!

A CIG, sempre denunciando contra os abusos das xerencias do Consorcio e polos dereitos das/os traballadoras/es !!


Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...