Novas por contido

A reunión "de consultas" foi convocada a última hora do martes para o xoves ás 10 da mañá, sen tempo, e co único obxectivo de desmobilizar as concentracións diante dos centros de traballo convocadas para as 11h dese mesmo día.

Asistimos co obxectivo de presionar para habilitar as mesas de negociacion: Mesa para a recuperacion dereitos V Convenio Colectivo Unico, Comites de empresa e Comités de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL). Ao final a reunión valeu para pouco máis que un vago compromiso a convocar o CSSL e respostar a preguntas das organizacións sindicais.

  • Esiximos data urxente para unha mesa de negociacion na que falar da  recuperación das condicións laborais do V Convenio, a reducción da carga de traballo e mais medios materiais e humanos. A Xunta segue a negarse  a negociar a pesar de que, recordamos, o conflito segue activo nas rúas.

  • Pídese unha xuntanza do CSSL de Política Social anterior ao 29 de xuño, data en que se prevé a reincorporación ao traballo presencial da maior parte do persoal e denúnciase o incumprimento do Protocolo xeral nesta materia. Tamén hai que tratar os protocolos específicos de apertura dos centros de día e escolas infantís e as Avaliacións de Riscos Laborais e estado das medidas preventivas. Finalmente a Xunta di que “van procurar convocar canto antes”.

  • Recordamos a necesidade de realizar unha revisión urxente das Avalicións de Riscos Laborais dos centros pola: 1) Nova categorización do virus COVID 19 como de categoría 3 (nas anteriores o catalogaban como de  categoría 2) o que pode obrigar a reforzar as medidas de seguridade. 2) Porque  non estaban avaliadas as visitas ou a posibilidade da entrada de xente externa, e debe terse en conta este factor de risco. 

  • Revisión do cobro dos chamados “complementos COVID” para garantir a sua percepción adecuada;  especificamente ao persoal que está ou estivo de baixa por terse contaxiado ou en corentena. 

  • Solicitamos a volta do persoal que continúa desprazado de Educación, do Consorcio ou de centros da propia consellaría (escolas infantis e centros de día, centros sociocomunitarios, centros ocupacionais...) ou chamado de listas (neste caso, para centros privados ou integrados), tanto en residencias privadas como propias. Esiximos que se traten nos comités de empresa as súas condicións laborais, a maiores de denunciar a dificultade que está a ter o persoal desprazado para solicitar as vacacions. En definitiva na CIG entendemos que a cesións de persoal (a empresas privadas ou a centros propios),  debería ter rematado co levantamento do estado de Alarma. Engadimos que cuestionamos a legalidade da cesión aos centros privados. A Xunta resposta que eses desprazamentos e cesións baséanse no estado de emerxencia sanitaria e que poden continuar coa excepcionalidade en horarios e funcións.
     
  • Denunciamos as novas modificacions nas carteleiras de Consorcio con cambio de horarios e funcións: con moita cara o xerente do Consorcio di que se trata da volta á normalidade anterior (carteleras antes COVID) en moitos dos centros e por eso non o trataron cos comites de empresa. 

  • Formacion e informacion: só van dar formacion nos centros de dia e escolas infantís xa que a secretaria xeral técnica non ve necesario a formación nos demáis centros, porque "xa estaban traballando".

  • Sanidade segue tendo a tutela de todos os centro, e non descartan reabrir os integrados para derivar positivos se hai brotes nas residencias.
  • Stock EPIS: di que os centros deben ter material suficiente e entenden que non hai apuro.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...