Novas por contido

Recibimos uns borradores das prazas que teñen intención de ofertar para elección de destino das seguintes escalas (das demáis ainda non sabamos nada):

Destino provisional ou definitivo?

A información que nos transmiten é que os destinos van ser provisionais, agás na escala de arqueólogos/as que será definitivo (a persoa aprobada xa tivo o destino provisional fai catro anos).

O destino provisional non é a mellor alternativa, pero tal e como están enleadas as cousas, probablemente sexa a mellor opción. O ideal é que unha vez resolto o respectivo concurso de traslados, as prazas vacantes sexan ofertadas primeiro ao persoal de promoción interna, e despois ao de libre. Pero cando un concurso se retrasa varios anos, ou inclusive cando leva dez anos sen convocarse, a cousa se complica.

En corpos xerais, para liala máis por cuestións xurídicas, o concurso de traslados non vai ser resolto nunca antes de que remanten os últimos procesos selectivos convocados (25 e 26 de novembro de 2019, con lista definitiva de admitidos/as publicada o 5/6/2020, así que ainda falta). Así que, alguén se atreve a poñer unha data para que o concurso estea rematado? E agardar ao concurso implica moito tempo sen que o persoal que aprobou tome posesión da súa nova praza ou novo grupo. Se non toma posesión antes de rematar o ano, esto afectaría, por exemplo, ao importe da súa carreira profesional que seguiría sendo a do grupo inferior.

En persoal veterinario comezárase a falar do concurso en xaneiro deste ano 2020 (enviáranos un borrador e presentamos alegacións). Pero dende entón, nada máis. Así que agardar a que se resolva o concurso implicaría un tempo indeterminadamente longo sen que o persoal aprobado poida acceder a súa nova condición de funcionario/a de carreira.

Eso si, o destino provisional non pode prolongarse indefinidamente no tempo (como os catro anos que estivo a persoa que aprobou na escala de arqueólogos/as).

Que prazas ofertar?

A CIG defende que as ofertas de postos dos procesos selectivos sexan con prazas vacantes de nivel base resultantes dun concurso de traslados previo. Pero se o destino é provisional, que oferten todas as vacantes.

Non podemos aceptar que unha persoa que aprobou a oposición teña que desprazarse diariamente a outra localidade existindo prazas vacantes dabondo. Ou que non poida optar provisionalmente a un posto de nivel ocupado interinamente (algo que ocorre habitualmente en determinadas escalas e administración especial).

Así que, e en especial cando o número de prazas ofertadas é cativa, reclamamos de Función Pública que para destino provisional oferte todas as vacantes existenes, ocupadas ou non.

En canto ás prazas de persoal laboral ocupadas por persoal laboral temporal/indefinido que superou o proceso selectivo de veterinarios, reclamamos que as respectivas prazas sexan recualificadas e ofertadas no destino provisional. É dicir, que se poñan as pilas para facer unha modificación veloz (como outras que teñen feito en cuestión de días cando lles intereseou).

Elección de destino voluntaria

No caso dos corpos xerais, ao solaparse os actos de elección de destino co concurso, outro condicionante que poñemos para dar o noso apoio ao destino provisional é que sexa voluntario. Defendemos que quede a decisión do funcionario ou funcionaria aceptar ou non un destino provisional co que esto supón de desprazarse de centro ou localidade durante un tempo indeterminado. 

Alegacións

A maiores das alegacións xenéricas que relacionamos neste texto, podemos presentar alegacións a prazas individuais. O prazo que nos dá Función Pública é ata o luns 20 de xullo, polo que se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG antes desa data.

Outras novas recentes

Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o buzón de postos e continuarán en breve, pero non da...
Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...