Novas por contido

No DOG do mércores 15/07/2020, publicase a Resolución do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Resolución do 22 de xuño de 2020, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Nesta resolución:

Primeiro. Inclúese un posto na relación de postos vacantes 

Segundo. Inclúense 8 postos na relación de postos de potenciais resultas.

TerceiroAmplíase o prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en sete días hábiles, o devandito prazo rematará o 28 de xullo de 2020 (corrección de erros DOG 16/07/2020).

O que non queda claro é:

1. Por que non se inclúen os postos que quedaron vacantes a partires da convocatoria (27/11/2019).

Dende que fora a convocatoria en novembro/2019 pasaron demasiados meses, polo que se produciron un montón de novas vacantes; razón pola que a Administración fixera un amago de intento de ampliación de vacantes. Finalmente o esforzo que fixo moita xente para revisar e alegar, non serviu de nada, porque Función Pública decidiu non engadilas. Nunca deron explicacións "oficiais", pero temos a idea de que foi por seguridade xurídica.

Porén, atopámonos agora que o posto numerado como 1922 que engaden agora como vacante, foi introducido no buzón de postos en febreiro de 2020. Entón, o que fan agora non é corrixir un erro, senon engadir unha vacante nova. E as demáis vacantes xeradas entre o 27/11/2019 e o 31/05/2020 (data que nos anunciaran "de peche" do listado de vacantes), por que non saen tamén? Porque o mesmo pon en perigo a "seguridade xurídica" engadir unha que cen prazas. Que ben lles ven ter un lote de prazas para repartir comisións de servizo a dedo.

2. Cal é o procedemento para que as persoas interesadas poidan incluir os novos postos que aparecen nesta resolución si xa teñen presentada a solicitude.

Entendemos que calquera persoa que xa presentou a súa solicitude de postos, podería xerar unha nova solicitude.

3. Cales son as prazas de resultas que foron retiradas do Anexo II por proposta de amortización

As oito prazas engadidas en resultas agora, son todas as que faltaban? Ou haberá prazas de persoas que solicitaron concursar e que non son ofertadas en resultas por proposta de amortización das consellerías? Demandamos transparencia a Función Pública facilitándonos esa información.

Outras novas recentes

Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Xoves, 09 Outubro 2025

O Tribunal Supremo obriga a que o TSXG se posicione sobre a obriga de certas PSX do Consorcio a asumir tarefas de limpeza

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...
Mércores, 01 Outubro 2025

Concurso de traslados de enxeñarías, arquitectura e ciencias: apertura do prazo de toma de posesión

No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma...