Novas por contido

En primeiro lugar queremos agradecer ás máis de 6.000 persoas que están a loitar arestora contra o lume en Galiza, especialmente aos compañeiros e compañeiras que hoxe están no lume de Cualedro. Dese equipo de profesionais, pouco máis de 100 persoas temos o cometido de coordinar e xestionar todos os medios na extinción de incendios. Somos o Persoal Técnico de Incendios Forestais (enxeñeiros/as técnicos/as forestais e enxeñeiros/as de montes). Os que hoxe concentrámonos esixindo un novo acordo para as nosas condicións de traballo e tamén para lograr unha resposta máis eficaz do servizo público que representamos (tanto na extinción e prevención dos incendios forestais como na xestión forestal dos nosos montes).

De seguro que ata o de agora non escoitaras falar de nós, mais vémonos na obriga de alzar a nosa voz e reclamar unha mellor organización do noso traballo ante unha nova realidade que cambiou substancialmente na última década. Tes que preguntarche quen xestiona os nosos montes (que na nosa terra representa as ¾ partes do territorio) e obteras a resposta nos profesionais que estamos aquí. Recordar que coordinamos máis do 40% dos incendios do Estado (un 10% dos de toda Europa), xestionamos de forma directa o 15% do territorio galego que se atopa en contratos de xesión pública (con 60.000 ha en certificación), revisamos a metade das cortas de madeira do Estado e canalizamos a corta de preto de medio millón de toneladas ao ano de madeira en montes de xestión pública (que xeran uns ingresos de preto de 15 millóns de metros cúbicos, unha gran parte dos cales revirte nas comunidades de montes). 

Non pedimos aumento de soldo senón unha mellor organización do traballo, melloras na seguridade e aumentar o cadro de persoal nos lugares cunha alta carga de traballo. Loitamos contra os abusos horarios que nos impón a Xunta ao facer gardas de 24 horas cunha media de 500 horas ao ano por riba do calendario medio dos empregados públicos, e no caso dos xefes de distritro ter unha disponibilidade de 24 horas, sete días á semana.

Levamos máis de 25 meses esixindo un novo acordo, e ante o silencio, a falta de diálogo e negociación da consellería do Medio Rural, a Xunta de Galiza empúxanos a iniciar unha folga indefinida a partir do 1 de agosto de 2020. Proba dilo é que aínda non nos xuntamos para negociar os servizos mínimos (farémolo a mesma tarde do xoves 30, en tempo de desconto para publicar ao día seguinte no DOG esa regulación). Somos profesionais responsables e seguiremos atendendo ás necesidades de extinción de incendios que nos espera nesta dura campaña.

Finalmente se Feijoo aposta por Galiza, Galiza, Galiza, non se esqueza da importancia de facer un desenvolvemento rural integral, non se acorde de nós tan só cando hai vaga de lumes e recordámoslle que atallar os lumes parte de ter un traballo de xestión previo. Por todo iso, retrucamos decindo:

MONTE, MONTE, MONTE

FRONTE AO LUME, SILVICULTURA

POR UN NOVO ACORDO XA!!!!!!

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...