Como acostuma a facer nos últimos anos, a Xunta modifica a LEPG a través da lei de medidas. Adapta varios artigos á lexislacion básica estatal e establece medidas para as listas de contratación e procesos selectivos en tempos COVID
Modificacións da LEPG derivadas da lexislación estatal básica:
- Adaptación da LEPG en varias materias motivadas polo Real Decreto Lei 6/2019, do 1 de marzo de medidas urxentes para a garantía de igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres e pola acordanse agora da Lei 29/2011 do 27 de setembro de recoñecemento e protección integral das vitimas de terrorismo.
- Así adiantamos que queda afectada a mobilidade interadministrativa, as reduccións e adaptacións da xornada de traballo, o permiso por lactación e por parto, adopción, garda e acollemento, permiso do outro proxenitor, vacacións do persoal funcionario, engaden as vítimas do terrorismo como causa de excecdencia voluntaria e tamén unha nova excedencia por razón de vilencia terrorista, adaptación no reingreso ao servizo activo.
O resto dos cambios son medidas específicas da comunidade autónoma:
- Engaden unha nova Disposición adicional décimo quinta pola que poderá preverse como méritos valorar nas convocatorias ou concursos de traslados ou incluso no acceso extraordinario aos distintos graos da carreira profesional á prestación de servizos COVID en determinadas categorías.
A CIG manifestou que en todo caso debe negociarse no seu ambito sectorial e que a LEPG non debe recoller singunha referencia a puntuacións adicionais, menos aínda cando quedan categorías excluídas e non podemos valorar os seus efectos. - Engaden un novo parágrafo á disposición transitoria primeira referida á funcionarización:
“No suposto de que o persoal laboral fixo que posuíse a dita condición no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do EBEP, e adquirise posteriormente outra categoría profesional como persoal laboral fixo polo procedemento de promoción interna, poderá participar no proceso ao que se refire o parágrafo anterior dende esta derradeira categoría profesional.” - Disposicion derradeira quinta: Aquí a Xunta pretendía derrogar a vixencia do grupo B a espera dunha suposta regulación polo Estado que non necesitan. Aceptaron as nosas alegacións e retiran o punto.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Medidas especiais en materia de listas de contratación de persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal derivadas da situación de emerxencia sanitaria:
- Listas de contratación de categorías de perfil sanitario ou sociosanitario: No caso de non haber integrantes nas listas, acudirase ao establecido no 7.5.b.1.2 do V Convenio ou listas de contratación Sergas. Se non hai aspirantes acudirase a penalizados/as (primeiro aos que solicitaron a reincorporación e despois o resto).
No caso concreto da categoría IV-3, auxiliar de clínica, poderá accederse opcionalmente a persoal doutras listas que teña o grado medio de técnico/a de coidados auxiliares de enfermería ou equivalente. - Nalgunhas categorías para as que se acude ao artigo 7.5.b.1.2, poderán ser seleccionados candidatos que carezan do certificado acreditativo de coñecemento da lingua galega.
- O periodo de penalización pasa 1 ano a 6 meses.
- As solicitudes de reincorporación (por suspensión) producirán efectos ao día seguinte da súa presentación.
- O establecido nestas medidas ten vixencia limitada á duración do estado de alarma/emerxencia sanitaria e ás súas prórrogas, de ser o caso.
Medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria:
- Ampliación dos prazos de realización de exercicios dos procesos selectivos
- Posibilidade de realizar os exercicios en distintas quendas con distintos exercicios e en distintas sedes.
- Posibilidade de segunda convocatoria por situación covid dalgún/ha aspirante (sintomatoloxía, illamento ou corentena)
- Adopción de calquera outra medida proposta pola autoridade sanitaria.
Para a CIG é imprescindible o consenso para a realización de calquera exercicio e que as medidas das autoridades sanitarias non corrompan os principios para o acceso á función pública. A realización da proba pode ser “segura” pero se hai un alto indice de contaxio social as posibilidades de que aspirantes teñan que ir a segunda convocatoria é alta: unha fonte de conflito innecesaria, polo que o recomendable é agardar á mellora da situación sanitaria.
Cando se trata dos exercicios coidamos que o máis obxectivo e preferible é un mesmo exercicio simultáneo en multisede (tipo ABAU) que exercicios diferentes en horarios diferentes. A propia Xunta de Galiza conta con medios dabondo para levar adiante isto, habendo máis de 1.000 institutos de secundaria repartidos polo país nos que se poderían facer os exames.
Outra información:
- Mesa Xeral o 24/11 para tratar os estatutos da integración do persoal do Consorcio.
- OPE 2020: convocan para negociar vindeira semana
- Dende FP impoñen o seguinte criterio na elección de destino do A1 e A2: Mudan o criterio inicial e anuncian a seguinte orde xustificando “que non quedan prazas para A1 e que non queren facer saltar interinos” (é destino provisional): A1PI-A1L-A2PI-A2L. Co cal lle están dando prioridade na elección ao persoal de acceso libre do A1 sobre o de promoción interna do A2. Isto despois de ter advertido que os números non daban e seguir Función Pública mantendo que primeiro ía ir toda a promoción interna.
- Gardacostas: Publicación inminente as prazas que quedaron do concurso e toma de posesión con carácter definitivo
Máis alá da ampliación dos prazos de realización dos exames, Función Pública non concretou nada. O único que temos son as declaracións de Feijóo na prensa de que este ano non van ser, cousa evidente porque de facelo incumprirían a súa propia palabra (non sería a primeira vez) de avisar cun mes de antelación e porque meteríamonos en pleno nadal.
En definitiva, manteñen a incertidume das persoas aspirantes, sen datos concretos de posibles datas e sen un cronograma real que permita unha planificación axeitada do estudo e da preparación dos exames. Unha vergoña.