Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unhas xuntanzas que serán o día 1 de agosto, coa seguinte Orde do día:

RPT DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Trátase dunha proposta de certa amplitude que foi tratada nunha xuntanza previa o día 11 de xullo. E agora, no mesmo día pretenden "negociar" en Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSF), e aprobala a continuación na Comisión de Persoal (CP). Valoraremos coa nosa asesoría xurídica se estas formas son susceptibles de impugnación. Descargar

RPT DE ATRIGA e RPT DE FACENDA

Estas dúas RPT pasaron por MSF o 18 de xullo, e serán aprobadas nesta CP. Destaca o incremento de específico de entre 3.500 e 6.100 € para algunhas xefaturas de servizo e subdirección xerais respectivamente. Descargar RPT de Atriga. Descargar RPT de Facenda

RPT DE POSTOS DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

Pasou por MSF o día 28/07/25. Nese momento, a Administración retirou a modificación de 12 dos postos de oficinas agrarias comarcais, que sendo de enxeñería agronómica e técnica agrícola, ampliaban a montes e forestais, especialidades que non teñen nada que ver co traballo que se desenvolve nas oficinas agrarias. Finalmente a DXEP retirou eses 12 postos.

A proposta continúa co mesmo cambio noutros dous postos (un no centro de formación e experimentación agroforestal de Ribadeo, e outro na dirección de Fogga), corrixen un suposto erro na clasificación de un posto base de A2 que pasa a montes e forestal, e a retirada do requisito de título de capitan de pesca nun posto de mestre de taller de escolas náutico-pesqueiras.

Descargar

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...