Novas por contido

O teletraballo pola situación da Covid prorrogase ata que baixe o nivel de emerxencia sanitaria

Xa era hora de que a Dirección Xeral da Función Pública enviara unha circular interpretativa sobre as resolucións de teletraballo concedidas por razón da situación santiaria ocasionada pola COVID-19 e a súa integración no “Rexime especial”. Na CIG levábamos desde o 4 de febreiro, cando entrou en vigor, demandando que a aplicación do Acordo de teletraballo rematara coas diferenzas entre unidades, para que todo o persoal dos centros administrativos puidera teletraballar como medida organizativa mais acaída na prevencion da Covid.

O artigo 12 do acordo de teletraballo estabelece un “Réxime especial de autorización” para circunstancias extraordinarias que pode ser aplicable “por razóns de declaración da situación de emerxencia” que pode atinxir a parte ou á totalidade das persoas que traballan para a administración.

Na instrución lémbrase que o Consello da Xunta de Galiza aprobou o 13 de marzo de 2020 a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galiza e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 que a día de hoxe segue en vigor.

No DOG do 25 de febreiro de 2021 publicouse o Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas en Galiza para facer fronte á crise sanitaria, e no o seu punto 5º tamén se recolle a prestación de servizos por teletraballo “coa finalidade de coadxuvar a un maior control da transmisión, entenderase prorrogada a eficacia das resolucións de teletraballo ditadas polas distintas consellerías e entidades do sector público autonómico por razón da situación sanitaria derivada da COVID-19. Serán de aplicación no teletraballo as condicións recollidas no réxime especial establecido no artigo 12 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.”

Función Pública recoñece ás consellarías e outras entidades que tomaron medidas, por razón da protección da seguridade e saúde do seu persoal, e permite a continuidade e maior implantación deste teletraballo:

“Neste sentido, e dado que, de acordo co exposto, existe actualmente unha declaración da situación de emerxencia efectuada polo Consello da Xunta de Galicia, vista a evolución da situación epidemiolóxica, o punto quinto da Orde de 25 de febreiro enténdese prorrogada a eficacia das resolucións de teletraballo ditadas polas distintas consellerías e entidades do sector público autonómico por razón da situación sanitaria derivada da COVID-19, como antes citamos, e indica que serán de aplicación no teletraballo as condicións recollidas no réxime especial establecido no artigo 12 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.”

Finalmente  establece dous criterios interpretativos polo que non son aplicables os artigos de ámbito (postos susceptibles de teletraballar), requisitos, rexime de autorización nin plan de traballo:

“1º. Debe entenderse prorrogada a eficacia das resolucións de teletraballo concedidas por razón da situación sanitaria derivada do COVID-19, de acordo coas condicións establecidas para o réxime especial de teletraballo establecidas no artigo 12 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que este réxime de teletraballo non estará suxeito ao cumprimento íntegro das condicións previstas nos artigos 3, 4 e 5 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. 

2º Non será necesaria a elaboración do plan previsto no artigo 12.5 do Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dado que xa están adoptadas medidas de organización do traballo.”

Ademais non se establece unha data final para o teletraballo, sinon que queda prorrogado ata que a situacion sanitaria o permita, sendo este o único criterio para reincorporación presencial total nas unidades. 

Agardamos que agora esa nota chegue a todas as consellarías e centros de traballo da Xunta e sexa cumplida polos distintos departamentos de persoal prorrogando as situacións de teletraballo, unificando os criterios  entre servizos e finalizando as trabas e oposición á prorroga por parte dalgúnnhas xefaturas de servizo.

Outras novas recentes

Xoves, 07 Agosto 2025

Comisión de persoal (01/08/25): a constatación dunha discriminación salarial entre o persoal da Xunta

Asistimos á Comisión de Persoal do 1 de agosto para aprobar as modificacións de tres relacións de postos de traballo (RPT) que, con cousas boas e malas, tiñan un nexo en común: o incremento do complemento específico de entre 5.000 e 6.000 € para unha elite de postos de niveis 28 e 30, das escalas de letrados/as e de finanzas, co argumento da necesaria homologación cos seus...
Xoves, 31 Xullo 2025

Privatización do servizo de vixilancia de explotación de estradas

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas...
Venres, 08 Agosto 2025

Situación do concurso de traslados e dos destinos das escalas de enxeñarías, arquitectura e ciencias

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos para falar deste asunto o día 06/08/2025. Antes da resolución do concurso de traslados xa tiveran que retirar dous postos por medidas cautelares de persoas en destino provisional que demandaron o destino definitivo. Pero despois de publicar a resolución do concurso o 11 de xullo, recibiron outros 9...