Novas por contido

Un 8 de marzo máis as traballadoras da Administración autonómica seguimos agardando polo Plan de igualdade mentres a Xunta adícase a facer propaganda institucional

Nun novo intento para elaborar un plan de igualdade na Xunta, logo de que a CIG volvera a esixilo, o pasado 23 de decembro constitúese a Comisión Negociadora para a elaboración do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que abrangue arredor de 23.000 empregadas e empregados públicos. Na mesma sesión presentouse unha proposta de regulamento de funcionamento da Comisión e un documento referente aos datos necesarios para a elaboración da Diagnose do Plan. Dende a CIG-Autonómica fixemos alegacións tanto á diagnose como ao regulamento e,  a Xunta de Galiza, quedou de remitir na primeira semana de xaneiro unha nova proposta,  que a día de hoxe seguimos agardando.

A Xunta suspende en materia de Igualdade

“ Os plans de igualdade serán obrigatorios para a Administración autonómica, os seus organismos autónomos, as sociedades públicas, as fundacións do sector público autonómico, as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma ,..”

Isto di o artigo 11.1 da Lei 2/2007 do traballo en Igualdade das mulleres na Galiza. A posterior lexislación en materia de Igualdade reitera esta obrigatoriedade de contar cun instrumento que permita integrar a igualdade nas relacións laborais e avanzar cara á igualdade efectiva de mulleres e homes.

Cal é logo o motivo para que a Xunta de Galiza non cumpra nin coa normativa nin cos principios básicos en materia de Igualdade?

Facer declaracións de intencións, promover normas que atinxen ao resto de empresas son cousas que o goberno do PP fai ben de cara afora pero que non aplica na súa propia administración. Na CIG Autonómica preguntámonos se será porque non é posíbel que se lle impoñan sancións polos incumprimento.

Que é o que non lle gusta do Plan de Igualdade despois de tantos anos?

O plan de igualdade busca erradicar calquera tipo de desigualdade ou discriminación que por razón de xénero poida existir, a través da definición dun conxunto de obxectivos, medidas e accións, planificadas para acadar a igualdade entre mulleres e homes.

Mediante un plan de igualdade faise un estudo diagnóstico dos salarios percibidos por mulleres e homes, as categorías profesionais que homes e mulleres teñen, a conciliación existente e a que é necesaria, a flexibilidade horaria, o acoso laboral denunciado, a formación que reciben mulleres e homes, a promoción profesional e o acceso ao emprego, entre outros, para coñecer de xeito rigoroso as deficiencias e iniciar un proceso de cun firme compromiso na corrección e mellora das condicións laborais, cun investimento orzamentario acorde coa situación.

Será porque estamos diante dunha cuestión ideolóxica e non lles acaba de convencer o Plan ou a Igualdade?

O persoal da Xunta de Galiza, homes e mulleres, precisamos que se faga esa aposta decidida pola igualdade de oportunidades na nosa Administración; precisamos erradicar as discriminacións evidentes e as ocultas, para que ningunha muller quede atrás e avancemos como unha sociedade máis xusta e equitativa:

Plan de Igualdade xa, non limiten o seu compromiso coas súas traballadoras a meras declaracións de intencións!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...