Novas por contido

Melloras necesarias nas residencias da Xunta, garantindo a seguridade do persoal traballador e das persoas usuarias.

A tráxica morte de Teresa de Jesús González, profesional do Servizo de Atención no Fogar (SAF), non só puxo de manifesto a necesidade urxente de abordar o acoso laboral, senón que tamén fixo saltar as alarmas sobre a seguridade nas residencias da Xunta de Galiza.

O suceso subliña unha preocupación fundamental xa presente entre as e os profesionais do sector: a problemática de contar cunha soa persoa de garda nas quendas de noite, especialmente en centros que acollen usuarias e usuarios con patoloxías específicas.

É imperativo subliñar que as agresións ao persoal traballador están cada día máis presente nas residencias da Xunta de Galiza que acollen a usuarias e usuarios con idades inferiores aos 50 anos e, logo desta lamentábel traxedia, cómpre que se inicie de xeito urxente unha adaptación das instalacións, se dote ao persoal dunha formación especializada absolutamente necesaria para xestionar a complexidade dos casos que hoxe en día se atopan nas residencia.

Non estamos a falar só de patoloxías asociadas á terceira idade. A realidade das residencias mudou; hoxe acollen un abano de usuarias e usuarios con patoloxías complexas e diversas, propias doutras idades: persoas con necesidades psiquiátricas, adiccións ao alcol ou a outras substancias, e outros perfís que requiren unha atención especializada e, sobre todo, segura. Ante calquera crise, unha emerxencia médica ou unha situación de violencia, un único profesional está indefenso e as e os residentes desprotexidas/os.

A seguridade e o benestar tanto das usuarias e usuarios como das traballadoras e traballadores deben ser a máxima prioridade. É inaceptable que se manteñan situacións de risco onde unha única persoa deba facer fronte a emerxencias ou atender as necesidades de múltiples usuarias/os con condicións complexas. As instalacións deben estar preparadas e o persoal, adecuadamente reforzado e formado, para garantir unha atención de calidade e, sobre todo, segura.

Esta solicitude non é só unha resposta a un desgrazado evento illado, senón un chamado urxente a mellorar as condicións laborais e asistenciais nun sector tan vital como o da atención a persoas dependentes. Dende a CIG seguimos esixindo a adaptación dos centros. Agardamos que a Xunta de Galiza tome as medidas necesarias para evitar futuras traxedias e asegurar un ambiente de coidado óptimo para todas e todos.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...