Novas por contido

A DXEP retira a proposta de modificar os 12 postos das oficinas agrarias. Mantén o resto da proposta

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) anunciou na Mesa Sectorial que tivemos o luns 28 de xullo, que retiraban a proposta de modificación dos 12 postos das oficinas agrarias comarcais, que pasaban de ser para as escalas de enxeñaría agronómica e técnica agrícola, para abrilas tamén ás enxeñarías de montes e técnica forestal. Non retira o posto do centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Agacal, nin o de Fogga. Tampouco retira a modificación do posto da xefatura territorial de Lugo e a eliminación do requisito de título profesional de capitán de pesca da Escola náutico-pesqueira de Ferrol.

A CIG defendeu que os postos de enxeñaría agronómica e agrícola son necesarios para a modernización da agricultura e gandería de Galiza, para as políticas da PAC, para a xestión e asesoramento das explotacións, para a atención ás persoas usuarias das oficinas agrarias, e que non semella adecuado substituír estes postos por persoas de enxeñaría de montes ou forestal, que nada teñen que ver coas funcións específicas de agronómica e agrícola. Por tanto, satisfainos parcialmente a retirada dos 12 postos das oficinas agrarias.

Para a CIG, o problema de raíz está na non cobertura regulamentaria dos postos de concurso específico. Segundo os nosos datos, ter feito en tempo e forma o concurso específico implicaría a liberación duns 30 postos de traballo que agora están bloqueados.

A estas alturas a solución non é doada, pois fagan o que fagan, van ter que ofertar postos que non pasaron polo concurso. E dende logo non poden ofertar postos de xefatura con nivel sen pasar primeiro polo concurso de traslados. Así que non queda outra que, se non teñen o número de postos necesarios, terán que crealos.

A DXEP asegura que si teñen os postos necesarios, pero dado que hai moitos postos abertos a A1-montes e A2-forestais, que hai un risco de que non lles cheguen se moitas persoas de A1 collen postos de A1/A2. Asegura que teñen outras alternativas, e comprométese a que nunha ou duas semanas os sindicatos seremos convocados a falar.

Xa adianta que isto implicará un atraso nas eleccións de destino.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...