Novas por contido

Demandamos que se aclare a situación, máis aínda cando xa se citou ás traballadoras das privadas

Na CIG Autonómica levamos semanas exixindo a vacinación do persoal das escolas infantís da rede Galiña Azul que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galiza. Polo de agora, comezaron os chamamentos nalgún centro privado e da Axencia de Política Social, mais da rede galega, que conta co maior numero de escolas de 0-3 anos públicas, nada sabemos.

Os riscos que ten este persoal son evidentes polas características das súas funcións de coidado e atención das crianzas, que non poden portar máscara e coas que non hai distancia de seguridade posible, pois hai que collelas no colo para consolalas, darlles de comer, cambialas...

Non entendemos que se citara antes ao persoal docente daquelas idades nas que o alumnado usa máscaras e non se priorizou a este persoal que traballa con cativas de cero a tres anos.

Nin o xerente do Consorcio, nin o subdirector de persoal da Consellería de Política Social, pasando pola xefa territorial e a Consellería de Sanidade dan explicacións de que está a suceder coas vacinacións e ninguén explica por que, por exemplo, non se chamou ás traballadoras públicas do Consorcio e xa se citou as traballadoras das escolas infantís privadas.

Cónstanos que xa se procedeu á recollida de datos para a vacinación hai máis de dúas semanas para remitírllo a Sanidade. Porén a día de hoxe aínda seguen mutis, aínda cando comezaron a vacinacion da poboacion xeral entre 50-55 anos en varias áreas sanitarias, sen ter citado aínda a persoal esencial das escolas infantís da Rede galiña Azul (máis de 145 centros)

Por iso demandamos aclaracións sobre esta demora e esiximos que se proceda xa a vacinar ao persoal público, que se aclare cando se enviaron eses datos a Sanidade dende o Consorcio e por que non se actuou coa celeridade que se precisa nunha situación de pandemia.

A inutilidade do Consorcio na xestión da pandemia levounos a realizar numerosas denuncias na inspección de traballo, por non garantir a seguridade e saúde do seu persoal. Esta de agora é unha mostra máis, xa que non se entende que citen ao persoal dos centros privados e que se deixe de facer co persoal público.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...