Novas por contido

Co obxectivo de abordar as distintas problemáticas que padecen estas/os traballadoras/es públicas/os.

Unha representación do comité de empresa de Política Social de Pontevedra entregou onte por rexistro unha carta dirixida á conselleira, Fabiola García, co obxectivo de solicitarlle unha reunión urxente para abordar as diferentes problemáticas laborais que está a sufrir o persoal deste departamento.

Esta reclamación é froito do acordo do comité intercentros da Xunta de Galiza e dos comités de empresa de Política Social das catro provincias e chega despois de moitas semanas de concentracións diante dos centros dependentes deste departamento “sen que tiñamos conseguido que se nos escoite e se nos reciba”.

Dende a representación do cadro de persoal lembran que Política Social é unha consellaría “totalmente feminizada”, xa que máis do 75% do seu persoal son mulleres, maioritariamente con cargas familiares e unha media de idade en torno aos 55 anos. “Non entendemos que a conselleira participe dos actos de celebración do 8 de Marzo cando despois esquece aplicar as reclamacións dese día ao seu persoal”, censuran.

Ao mesmo tempo, lamentan que “despois do esforzo realizado por mor da covid, esforzo que continúa a data de hoxe, evidenciáronse aínda máis, se cabe, os problemas que sufrimos: falta de persoal, poucos descansos, lugares de traballo pouco adecuados á actual crise sanitaria, alta sinistralidade laboral, exames de oposición en pleno estado de alarma e despois dun ano esgotador a nivel físico e psíquico, excesiva temporalidade e contratos precarios (fins de semana, 1/3 xornada, etc)".

Por todo isto, ínstana a fixar unha xuntanza para poder expoñerlle as inquedanzas do persoal “porque ten que ter en conta que é o maior valor que ten a súa Consellaría, e que se está a ser maltratado psicoloxicamente con quendas abusivas e demasiado estrés laboral”.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...