Novas por contido

No DOG do 15/06/2021 publican as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías: grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a), grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a, profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional), grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia) e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <listas de contratación>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellaría de Facenda e Administración Pública. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Outras novas recentes

Martes, 16 Xullo 2024

Función Pública altera os criterios da estabilización, sen dar moitas explicacións

Cando a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) publicou o pasado 9 de xullo o baremo provisional do proceso de estabilización da categoría de xefe/a de brigada, saltaron as alarmas polo feito de que a experiencia profesional que se lle asignaba a moito persoal era superior á esperada, mesmo por riba da declarada polas propias persoas afectadas...
Mércores, 17 Xullo 2024

RPT de Educación (proposta 16/07/24)

A Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convocounos a unha xuntanza para o día 18/07/24, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Ao coincidir con outras xuntanzas para o mesmo día, as organizacións sindicais solicitamos mudar a data. Descargar a proposta. De entrada, na proposta queren...
Luns, 15 Xullo 2024

Instrucións sobre a confección de nóminas para o ano 2024 e actualización das contías das retribucións

No DOG do 15/07/2024 publican a ORDE do 11 de xullo de 2024 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño. O 27 de xuño do 2024, publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real decreto lei...