Novas por contido

Atención ás persoas e familias en risco de desafiuzamento

No ano 2017 a Consellaría de Política Social coa axuda do Fondo Social Europeo iniciou o programa “Reconduce”, coa finalidade de coordinar os servizos destinados á atención das persoas e familias en risco ou situación de desafiuzamento da súa vivenda habitual, co obxectivo de reducir a súa vulnerabilidade económica e/ou social.

Baixo a modalidade contractual de obra ou servizo determinado incorporáronse 14 persoas para o desenvolvemento deste programa. Estes contratos de traballo tiveron unha duración inicial de 3 anos e unha prórroga dun ano que remata o vindeiro 9 de outubro.

A resposta ás necesidades de vivenda da poboación galega non é unha situación que se poida resolver cun programa puntual; unha mínima pincelada con fondos europeos non é a solución para un problema tan profundo e tan sensible como é o desafiuzamento da vivenda pola imposibilidade de facer fronte aos pagos das rendas de alugamento ou ás cargas hipotecarias.

A solución ten que partir dun servizo estruturado e permanente que execute as políticas de protección da sociedade galega diante da perda da súa vivenda.

Polo tanto, a CIG esixe que as accións desenvolvidas polo plan "Reconduce" sexan incorporadas de cheo ás competencias da Consellaría de Política Social e, para elo, urxe a modificación da súa RPT coa creación dos postos de traballo na súa estrutura e así ofrecer unha resposta a unha situación que, aínda que non queiramos, agrávase cada día máis.

Outras novas recentes

Martes, 19 Mai 2026

Modificación do Decreto 37/2006 polo que se regula o nomeamento de persoal interino (listas de substitucións)

No DOG do 19/05/2026 publican o DECRETO 40/2026, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. A modificación que se efectúa por este decreto afonda no uso...
Sábado, 16 Mai 2026

Educacion 0-3: Sr. Rueda, non bote balóns fóra. Esta guerra é contra vostedes!

As competencias en todas as etapas educativas, tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público.  Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!! En declaracións recentes, o presidente da Xunta de...
Luns, 18 Mai 2026

Ano tras ano, as prazas de letradas/os quedan desertas. Opositores/as incompetentes? A propósito? Ou proceso inadecuado?

Nas anteriores 6 convocatorias de letradas/os (dende 2013), quedaron desertas 2 de cada 3 prazas ofertadas. As persoas candidatas ano tras ano son incompetentes? Déixanas desertas para dalas en comisión de servizos a persoal funcionario doutras escalas? Por que dividen as prazas dunha mesma Oferta en convocatorias diferentes? Asistimos á Mesa Sectorial do luns 18 para...