Novas por contido

Coa Resolución do 25 de agosto do 2021 encoméndase á empresa Tragsatec a execución dun servizo de apoio técnico á Consellería de Política Social na xestión de diversas axudas.

Esta nova encomenda que se encarga á empresa de participación pública Tragsatec consolida a dinámica de Cultura coas externalizacións do traballo de informes de patrimonio cultural e arqueolóxico que substituíron ao persoal funcionario e que provocaron mesmo despedimentos. Neste caso a encomenda é para a Consellería de Política Social e para máis coa xustificación de “medio propio” a pesar de ser unha empresa con fins fundacionais de traballos técnicos agrarios.

 

  • Preténdese consolidar unha administración paralela

Cunha encomenda “para todo” e sen orzamento deixa clara a intención da Xunta de consolidar unha administración paralela que supón a usurpación de funcións do persoal funcionario.

  • A privacidade e o servizo público en perigo

Persoal alleo á Xunta vai tratar ou manexar datos sensibles, algo especialmente grave se temos en conta que son persoas usuarias de recursos ou de axudas sociais.

  • Abrir a entrada pola porta de atrás

Encomendas como esta foron causa da entrada na administración de persoas que denunciaron e gañaron nos xulgados demandas por "cesión ilegal de traballadores/as". Situación promovida pola Xunta e e que provoca conflito e inxustizas ao acceder ao emprego público sen proceso selectivo.

  • As listas de contratación ignoradas

Se necesitamos persoal hai fórmulas de sobra para a súa provisión. E se é urxente temos listas de contratación e lexislación adecuada que o permite.  Ou mellor que creen as prazas estruturais na RPT xa que moito nos tememos que esta encomenda a Tragsatec, con vixencia ata o 31 de agosto de 2022, ao final encadee outras e sexa permanente como no caso de Patrimonio Cultural que tivemos que demandar no xulgado.

 

Outras novas recentes

Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola cláusula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal...
Martes, 04 Novembro 2025

Poucos avances na comisión de seguimento Gardacostas

Na comisión de seguimento abordouse a modificación de horarios con escasos avances, pero co compromiso de avanzar na mellora das condicións laborais e na xubilación anticipada do persoal. Na xuntanza celebrada o 3 de novembro de 2025 a Consellería do Mar comprometeuse a colaborar no procedemento iniciado pola CIG en abril do 2024 en base ao Real Decreto Lexislativo...
Luns, 27 Outubro 2025

Fondo de Acción Social do ano 2024: listaxe definitiva de axudas aprobadas e denegadas

No DOG do 27/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....