Novas por contido

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 3 de setembro do 2021, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seguinte enlace:

https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

• A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.

• Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.


• Prazos de inscrición:

◦ Prazo de inscrición xeral: vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (martes 21 de setembro de 2021).

◦ Prazos de inscrición do persoal docente e non docente (funcionario e laboral) que sexa interino/substituto: os establecidos no documento “Precisión dos prazos de inscrición”.

 

INSTRUCIÓNS INSCRICIÓNS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS 2021/2022

PREGUNTAS FRECUENTES

Outras novas recentes

Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.                                                                                               Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio...
Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Martes, 28 Outubro 2025

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2, C1 e C2

No DOG do 28/10/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...