Novas por contido

Chiringuitización e atomización do dispositivo contra incendios forestais

Medio Rural publicou un comunicado con avances da futura lei de incendios no que di que busca profesionalizar as brigadas mentres o que fai é afondar na división do servizo de incendios e precarizar o traballo, abocando ao persoal a vivir por debaixo do límite da pobreza. O documento non se negociou coas organizacións sindicais.

Afectan as condicións do persoal esquivando a negociación nos órganos legais de representación

Para a realización da proposta da lei de incendios contratouse á Universidade de Vigo, que elaborou unha sondaxe con grupos de traballo nos que as organizacións sindicais tiñan o mesmo peso que unha asociación ou colexio profesional, asociacións da industria ou empresariais. A CIG rexeitou participar dunha estratexia que anulaba a obriga legal da negociación colectiva a través das mesas de negociación da administración pública e incluso deixaba ao marxe as organizacións “non amigas”, e que ten como fin avalar tecnicamente as políticas da Xunta de Galiza na prevención e extinción dos incendios forestais.

En definitiva, con este procedemento opaco disfrazado de “profesionalidade”, Medio Rural saltou a negociación coas organizacións sindicais como lexítimas representantes dos traballadores e traballadoras. Para chegar ó extremo, e así avalar o seu novo Plan de Dotación de Medios, di que realizou unha enquisa a 2.500 persoas das que descoñecemos cales foron as cuestións enquisadas e a que persoal se repartiu. Na CIG opoñémonos a unha modificación non negociada dos medios e condicións do servizo.

Non se necesita unha lei para profesionalizar o servizo pero si para desmontalo

Dende a CIG sempre defendemos que a mellora do servizo e o avance para a profesionalización non dependía dunha nova lei. A Xunta tiña o mandato parlamentario de seguir as directrices emitidas logo da vaga que arrasou Galiza no 2017. Porén derivou habilmente a atención para non cumprir ou atrasar as accións de reforzo do servizo e a súa profesionalización. Agora vese claramente que coa lei o que pretenden é arrasar co Servizo de Incendios Forestais da Xunta derivandoo cara os concellos e creando un chiringuito de coordinación.

Na vez de completar a profesionalización do servizo de incendios forestais da Xunta pasando o contrato do persoal de 6 meses a todo o ano, o que fan e contratar cos concellos

Falan de profesionalización do sector, mentres que propoñen dividir o servizo de incendios reforzando e recuperando o modelo de brigadas municipais creado nos 90, pero con seis meses de traballo. Esta proposta choca frontalmente coa profesionalización, cun servizo publico único no que o seu persoal traballe todo o ano facendo prevención e labores de extinción, ben formado e equipado. É radicalmente imposible a profesionalización cun traballo de seis meses que deixa ao persoal tan precarizado que os obriga a vivir por debaixo do límite da pobreza xa que nin se achegarían ao salario mínimo en cómputo anual. Esta xa é hoxe a nosa loita, que o persoal do servizo de incendios de seis meses pase a traballar todo o ano pero a “solución “ que agora propón a Xunta e facelo dende os concellos?

Un novo chiringuito para vixiar e coordinar ás administracións

A creación dun “ente instrumental específico” para coordinar ás administracións públicas afectadas é un insulto. Esa é a función da Consellería do Medio Rural, unha vergonza inédita para derivar recursos e responsabilizar aos concellos da extinción.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...