Novas por contido

No DOG do 18/03/2022 publican a Resolución do 15 de marzo de 2022 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de finanzas.

A base IV da convocatoria establece «rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo».

Durante este prazo as persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados na resolución de convocatoria, modificada pola Resolución do 12 de agosto (DOG núm. 159, do 19 de agosto), aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente, segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

Os prazos habilitados para a presentación das solicitudes de participación e a xustificación dos méritos e requisitos comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e detállanse no seguinte cadro resumo:

Descrición Prazo Período Observacións
Presentación das solicitudes de elección de postos  15 días hábiles  Desde o 21.3.2022 ata o 8.4.2022  Base IV da convocatoria do concurso 
Xeración do impreso de emenda de méritos 15 días hábiles Desde o 21.3.2022 ata o 8.4.2022 Base VI.2 da convocatoria do concurso
Expedición do certificado de méritos 45 días hábiles Desde o 21.3.2022 ata o 25.5.2022 Base VI.2 da convocatoria do concurso
Presentación do certificado de méritos 50 días hábiles Desde o 21.3.2022 ata o 1.6.2022. Base VI.2 da convocatoria do concurso

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...