Novas por contido

O mércores 16 de xuño houbo unha reunión da Comisión de Persoal. Aprobáronse: RPT de Medio Rural, integración do persoal do Centro Económico e Social de Galiza, concurso de traslados das escalas de finanzas. E en rogos e preguntas: información xeral de concursos, integración da Escola superior de hostelaría e Agader, información xeral de RPTs, horario de verán, tribunais de ensino, problemas co carné xove.

RPT da Consellería de Medio Rural

A primeira memoria que presentou Función Pública ata esta da CP non foi modificada ningunha cuestión nin recollida ou respostada as nosas alegacións tanto expresadas na mesa xeral como as que presentamos para o seu anexo a acta polos problemas que ten para soportar as videoconferencias do equipo da administración do delegado que trataba este punto na mesa xeral. En definitiva consideramos que non houbo o cumprimento legal de negociación colectiva e solicitamos que quede este argumento descrito en acta da comisión de persoal para a xustificación do voto. Amais mantense a pretensión do traslado dunha praza de N18 do distrito III ao IV ocupado por una axente ambiental (que vai con ela) o que é na practica un concurso encuberto e non podemos aceptar este precedente na administración publica autonómica.

FP di que se inclúe na RPT unha praza cunha sentenza de consolidación que propuxo algún sindicato.

Ao non recoller o fundamental das propostas da CIG o noso voto é en contra. 

Orde de procedemento de integración como persoal laboral do persoal laboral fixo do Consello Económico e Social (CES)

Non hai modificación sobre o documento que foi á Mesa Xeral. Na practica é unha integración de todo o CES a pesar da sua propia lei de creación xa que, tanto a xestión das nóminas, rede corporativa, habilitación, xa as usurpou a Xunta dende hai dous anos. Integrar ao persoal é o paso que queda e se fai coa escusa de posibilitar unha carreira e mobilidade ante a demanda do persoal. A nivel de xestión de persoal é mais semellante ao Parlamento, e o CES pode ter carreira propia, como tamén establecer acordos de mobilidade coa Xunta ou outras entidades públicas. E unha integración ad hoc, para unha categoría da que só hai dous empregados (gabinete técnico), pois o resto do persoal fixo non entra (van legalizar as reclasificacións primeiro).

Xa avisamos na Mesa Xeral que era ilegal xa que o CES está regulado pola súa propia lei, e a Lofaxga só se pode aplicar de forma subsidiaria en cuestions reguladas pola propia lei do CES, como é o persoal. A xustificación da primeira páxina ten frases escollidas e é torticeira. Se manteñen a intención de camiñar cara aí o noso voto é negativo e mais anunciamos demanda xudicial.

FP di que están pendentes dun informe da Asesoría Xurídica.

Votamos en contra.

Convocatoria de concurso de traslados das escalas de finanzas

O DXFP di que dentro da convocatoria incorpóranse, a petición dunha OOSS (parece que CSIF) os cursos impartidos polas OOSS homologados pola EGAP.

Nós valoramos que:

  • A antigüidade ten un peso insuficiente
  • Os méritos específicos teñen demasiado peso
  • O traballo desenvolvido é excesivamente desequilibrante
  • Non engaden a titulación académica
  • E sobre todo, incluen cursos do Colexio de Rexistradores

Ao non recoñecer ningunha destas alegacións temos que votar en contra.

Rogos e preguntas

Dende a CIG formulamos as seguintes preguntas:

Concursos:

Xeral: previsión de datas para o baremo provisional. Antes de agosto?

Veterinarios: borrador recibido en xaneiro/2020. Nunca mais soubemos nada.

Especiais: que digan en que ano o teñen previsto (xa non en que mes)

Laboral: reclamamos que se cumpla o previsto no convenio. Que convoquen.

FP di que do concurso xeral é posible que saian o baremos este mes, eso é o que pode comentar. Do resto, nada.

Integración da Escola superior de hostalaría e Agader:

Quedou paralizada dende hai tempo. Preguntamos en MX 9/6/21 (e anteriores), sen resposta.

Información RPT´s:

Pídese a FP que envie unha circular a tódalas consellerías para que na información e datos que se aportan as organizacións e especialmente nas RPT se aporten os datos de si están ocupadas e no seu caso quen as ocupa con datos de nome e apelidos tal e como se recolle na sentenza 1338/2020 ……

Horario de verán:

Constatamos que en varios centros non queren aplicar o horario de verán.

A Consellería de Cultura di que hoxe pola maña se mandou unha nova nota interna onde se define exactamente a situación en base a instrución de FP. Non aclara mais. Entendemos que lle seguen negando este dereito ao persoal que traballa a quendas.

Tribunais de Ensino, problemas de interpretación:

A Consellería de Educación reitera que a participación do persoal non docente cos tribunais e voluntaria e que tiveron reunión cos presidentes de todos os tribunais e así llo fixeron constar. Os tribunais saben que si nalgún centro educativo o persoal non quere colaborar non hai problema. Que non teñen constancia de ningún conflito, e que si nós temos que llo fagamos saber, cousa que facemos ao rematar a CP.

Falta de persoal Carné Xove:

Facemos a queixa polo exceso de traballo e mala planificación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, no tema de Carné Xove e campaña de verán.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...