Novas por contido

O dia 3 de maio tivemos a primeira reunión coa consellería de Medio Rural para a modificación da súa RPT e a do FOGGA. Alí presentamos moitas cuestións á documentación que enviaron ás organizacións sindicais nas que destacamos a destrución de emprego; incluso desmontan a estrutura de traballo para crear unhas raquíticas unidades de investigación forestal ou para crear itinerancias para atender as oficinas agrarias. Na consellería lucíronse coas respostas que nos deron para xustificar este despropósito. Contámosche as mellores “perlas”.

A creación das raquíticas Unidades de Investigación de Incendios Forestais a costa de cargarse as prazas e o sistema de traballo nos distritos

Lembrámoslle o que anunciou o Presidente da Xunta en sede parlamentaria no ano 2017 da creación de 95 postos de axentes ambientais (57 para equipos forestais de investigación e 38 para equipos de vixilancia de incumprimento) que quedou reflectido nas medidas anunciadas após os incendios do 2017. Tráese agora a creación dunha “unidade” para todo o territorio galego en vez das brigadas de investigacións comprometidas no Parlamento. Dos segundos equipos para vixilancia e cumprimento das infraccións, nada se sabe...

O xefe de servizo de Persoal contestou que el non é responsable do que anuncian os políticos no Parlamento Galego. Que tipo de resposta e esta? É esa a opinión do Conselleiro da Consellería de Medio Rural e mesmo do futuro Presidente da Xunta o Sr. Rueda? Queda claro que as promesas do Presidente da Xunta (agora ex-) son contratos en papel mollado.

As oficinas agrarias cubertas con itinerancias: o primeiro camiño cara a extinción do servizo

En canto as Oficinas Agrarias, a Administración deu a sua palabra polo ano 2018 de facer un estudo en profundidade das necesidades destas oficinas. Mais chegan a esta reunión coa idea de crear 4 postos (un por provincia) de xefatura de area para coordinar as oficinas, sen ter en conta que, por lei, para os servizos veterinarios xa ten esa función o Servizo de Gandería de cada provincia, e que para os servizos agrarios esa función está atribuída o Servizo de Explotacións Agrarias. Opoñémonos á amortización dunha gran cantidade de postos para a creación de xefaturas floreiro.

Con esta modificación amortízanse 80 postos de traballo

Aínda así insistimos en que nos facilitasen o estudo das oficinas agrarias que, ou non o fixeron, ou o teñen agochado, ou aportan datos ou algunha xustificación funcional desta “reorganización” que supón a amortización de máis de 80 postos na consellería.

Porén, a subdirectora, na súa única intervención deixou claro que non teñen datos ningún para aportar sobre cargas de traballo e outros datos que poidan ser avaliables, e con elo poder decidir que postos serían en todo caso factibles de amortizar. Salientamos que incluso amortizan postos de nivel cortando a promoción do persoal nun futuro concurso de traslados dos corpos especiais.

Entón se non poden aportar datos, como poden amortizar 80 postos de traballo, moitos deles afectando directamente as estruturas das oficinas agrarias, e outros afectando directamente a estrutura á que se chegou para a prevención e extinción de incendios.

Ou os titulares desta consellería meten man desta RPT ou moito nos tememos que unha vez mais vai implicar unha gran destrución de postos de traballo cun resultado nefasto para os servizos públicos que debe aportar ao rural galego.

RPT do FOGGA

En canto a rpt do FOGGA, expuxemos algúns datos como o de non pechar posto de traballo á titulación de veterinarios (mesmo nalgún posto que o está a ocupar un veterinario e procederían a súa expulsión do posto por non cumprir co requisito), e tamén indicamos que tipo de mérito é que os postos de auxiliar administrativo teñan o permiso de conducir B1. Indicáronnos que ian revisar a rpt e que nos enviarían unha nova proposta modificada.

Quedamos a espera. Agradecemos todas as achegas que nos fagas. Temos ata o día 11 de maio para presentar alegacións. Podes contactar coa CIG.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Venres, 04 Setembro 2026

A Consellería do Medio Rural coloca adhesivos nas motobombas “Prohibido subir á parte superior agás persoal autorizado con equipo anticaida"

O que non resulta admisible é establecer unha norma de seguridade sen dotar previamente os vehículos e o persoal dos medios necesarios para poder cumprila. Hai que  cumprir a norma SI, pero co material adecuado: 1. Real Decreto 1215/1997 • Art. 2: definición de equipo de traballo. • Anexo I, apartado 1.6: risco de caída superior a 2 m → varanda ou protección colectiva...