Novas por contido

No DOG do 6 de maio de 2022 publícase a Resolución pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso... de distintas quendas dos corpos xerais, tanto de promoción interna como de libre.

Ao problema de non ofertar todas as vacantes que teñan pasado polo concurso se lle suma agora o de ofertar vacantes que non pasaron polo concurso, entre elas, vacantes con nivel, como xefaturas de sección ou negociados.

Para retorcer isto aínda máis e seguir creando problemas e agravios, Función Pública decide que a orde de elección de destino será a seguinte: A1 PI, A1 libre, A2 PI, A2 libre, C1 PI, C2 PI, C2 libre.

En definitiva, que sobre a natureza do proceso (libre-promoción interna), priman o subgrupo/corpo na elección de destino:e establecen unha orde onde as persoas aspirantes que aprobaron na promoción interna van antes que os de libre do seu mesmo corpo, pero van despois dos aspirantes de acceso libre dos corpos superiores a eles.

Isto non sería un problema se os postos ofertados fosen pechados a cada subgrupo, pero temos moitos postos que están abertos a varios subgrupos. En concreto 189 dos 661 ofertados.

  • No caso de postos C1-C2 e C1-C2-AP non tería relevancia pois en C1 non hai acceso libre e en AP, o proceso é posterior e é libre. Pero no caso de postos A1-A2, A1-A2-C1 e A2-C1-C2, si existe un problema na prelación de aspirantes onde a orde de elección intercala libre con promoción interna.
  • Por exemplo, no caso dos postos A1-A2 se ofrecen 3 postos de nivel 25, 3 de nivel 24 e 2 de nivel 22. Dous deles en localidades de alta demanda como Ourense, o que significa que compañeiros/as de acceso libre poidan coller, recen chegados e en destino definitivo, unha xefatura de sección en Ourense antes que quen aprobou a promoción interna ao A2.
  • En A1-A2-C1 son 16 postos de nivel 25 en Compostela. Sucede exactamente o mesmo que no caso anterior. E o mesmo en A2-C1-C2, con 25 postos de nivel 18.

Como xa dixemos, a isto hai que sumarlle que Función Pública optou por ofertar moitos deses postos que non pasaron polo concurso de traslados.

O que pretenden con esta decisión é trasladar o problema de que se as persoas opositoras dun subgrupo inferior de promoción interna collen postos abertos a un subgrupo superior, as persoas de libre poderían quedar sen prazas. Pero este é un problema que creou Función Pública ao non ofertar todas as vacantes que teñan pasado polo concurso. É doado que as consecuencias da súa incompetencia a paguen as persoas funcionarias.

Como aínda están a tempo de facer unha modificación no DOG, dende a CIG presentamos un escrito en Función Pública e reclamamos que isto se modifique segundo o criterio que sempre expuxemos: que a promoción interna teña preferencia sobre o acceso libre. Isto pode gustar a uns compañeiros e disgustar a outros, pero nós sempre mantivemos que este era a orde lóxica e xusta. Todo o demais o único que causa é agravios e inxustizas. E si Función Pública ten un problema de xestión quen non o ten que pagar son os funcionarios e funcionarias.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...