Novas por contido

No DOG do 7 de febreiro de 2023 publícanse novas modificacións nas convocatorias de estabilización:

  • Publicanse os temarios da escala de ciencias, especialidade de química, subgrupo A1 e da escala de persoal de mantemento, da agrupación profesional.
  • Fanse correccións no temario da escala técnica de finanzas, subgrupo A2.
  • Modifícanse as bases de todas as convocatorias por concurso de méritos e por concurso-oposición.

 

SISTEMA DE CONCURSO DE MÉRITOS

Convócanse procesos selectivos de estabilización nas seguintes escalas/especialidades ou categorías:

  • 1 praza de analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec), do grupo II.
  • 1 praza da escala de axentes de inspección, especialidade CONSUMO, subgrupo C1.
  • 16 prazas da escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo de solicitudes é do 10 de febreiro ao 10 de marzo (inclusive)

 

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias pola quenda de discapacidade dos seguintes procesos selectivos:

  • 3 prazas na escala de Facultativos, especialidade Psicoloxía, subgrupo A1
  • 2 prazas na escala de Enxeñeiros técnicos, especialidade Enxeñería técnica forestal, subgrupo A2
  • 10 prazas na escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2

O prazo de solicitudes é do 10 de febreiro ao 10 de marzo (inclusive)

 

Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A1:

  • No anexo I "Prazas convocadas persoal funcionario" elimínase a escala superior de saúde Laboral. As persoas aspirantes afectadas poderán solicitar a devolución das taxas, nos termos establecidos na convocatoria.
  • Engádese a categoría 21 como equivalente no anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo superior da administración xeral.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A2:

  • Créase a categoría de analista xestor de contidos web (persoal Cixtec) no anexo II "Prazas convocadas persoal laboral"
  • Na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos modifícase a titulación (Diplomado ou graduado nunha titulación da rama de artes e humanidades e da rama de ciencias sociais e xurídica).
  • No proceso de analista xestor de contidos web a titulación é título universitario oficial de diplomado ou graduado nunha titulación de calquera rama.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C1:

  • Na escala de Axentes de Inspección créase a especialidade de Consumo.
  • Na escala técnica de conducción substitúese o carné de conducir C+E por carnet de conducir C1.
  • Modifícase o anexo IV "Táboa de equivalencias de escalas/categorías"

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C2:

  • Na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, elimínanse as especialidades de emisorista/vixiante/a fixo/a e de bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba. As persoas aspirantes afectadas poderán solicitar a devolución das taxas, nos termos establecidos na convocatoria.
  • Engádese a categoría 17 como equivalente no anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo auxiliar.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo Agrupación Profesional:

  • Créase a escala de persoal de mantemento no anexo I.
  • Engádese a escala de persoal de mantemento no anexo III "Táboas de equivalencias de escalas/categorías" 

 

SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN

Convócanse procesos selectivos de estabilización nas seguintes escalas/especialidades ou categorías:

  • 56 prazas da escala auxiliar de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, subgrupo C2
  • 2 prazas da escala de persoal de mantemento, subgrupo AP.

O prazo de solicitudes é do 10 de febreiro ao 10 de marzo (inclusive)

 

Modifícase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A1:

  • Indícase o temario que rexirá para a escala de Ciencias, especialidade Química, subgrupo A1
  • Engádese a categoría 21 como equivalente no anexo IV «Táboa de equivalencias de escalas/categorías», para o proceso selectivo Corpo superior da administración xeral.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo A2:

  • Na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos modifícase a titulación (Diplomado ou graduado nunha titulación da rama de artes e humanidades e da rama de ciencias sociais e xurídica).

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C1:

  • Modifícase a base III.1.1.Exercicios, no referente á estrutura dos mesmos.
  • Na escala técnica de conducción substitúese o carné de conducir C+E por carnet de conducir C1.
  • Modifícase o anexo IV "Táboa de equivalencias de escalas/categorías" onde di: Escala técnica de recursos naturais e forestais, debe dicir: Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz.
  • Nese mesmo anexo IV para o proceso selectivo Corpo administrativo da administración xeral, engádese a categoría 32 como equivalente.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do subgrupo C2:

  • No anexo I, na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, créase a especialidade de bombeiro/a forestal e eliminase a especialidade de bombeiro/a forestal/condutor de motobomba na escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais. As persoas aspirantes afectadas poderán solicitar a devolución das taxas, nos termos establecidos na convocatoria.
  • Na base II.3, modificada pola resolución do 20 de xaneiro de 2023, onde di: Celga 4, debe dicir: Celga 3.
  • Modifícase a base III.1.1.Exercicios para a escala auxiliar do SPDCIF e a categoría 33 condutor/a motobomba.
  • No anexo III "Titulacións" modifica as de Especialidade bombeiro/a forestal e as das escalas auxiliares de cociña, mantemento e laboratorio.
  • No anexo IV "Táboa de equivalencias de escalas/categorías" para o proceso selectivo Corpo Auxiliar, elimínanse as categorías 12 e 38 e para o proceso selectivo da escala técnica de análise de laboratorio elimínase a categoría 26. Na especialidade de bombeiro/a forestal engade as categorías 14 e 14A do grupo V do V Convenio.

 

Modificase a resolución da convocatoria dos corpos e escalas do grupo Agrupación Profesional:

  • Créase a escala de persoal de mantemento no anexo I.
  • Na base II.3, modificada pola resolución do 20 de xaneiro de 2023, onde di: Celga 4, debe dicir: Celga 3.
  • Engádese a escala de persoal de mantemento no anexo III "Táboas de equivalencias de escalas/categorías"

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...