Novas por contido

Coa proposta remátase coa privatización das brigadas do servizo de incendios en varias bases da Galiza, unha demanda histórica da CIG

O venres 14 de abril en reunión previa para a negociación da modificación da RPT coa consellería de Medio Rural explicaron a proposta de creación de prazas para dotar as brigadas helitransportadas das bases de Muiños, O Barco e Queimadelos (Mondariz), ademais de reforzar as de Vilamaior (Verín) e Marroxo (Monforte). Con isto camíñase cara un servizo público na defensa contra os incendios forestais na Galiza, mais estamos vixiantes de como se pretenden artellar as brigadas e a forma de acceso.

Esta creación de prazas é posible coa adición de 1.500.000 euros orzamentados no 2023 para o capítulo 1 de persoal (551B), que é froito da extinción da contratación privada do persoal das bases pero ao que lle suman o orzamento de amortizar 6 prazas. Para poder valorar demandamos unha memoria económica máis completa que compare emprego neto destruído na privada e o seu custo co emprego neto na pública. Ademais lembramos que na CIG opoñémonos a amortizacións sen xustificación funcional e máis se son prazas ocupadas co que mandarían ao persoal a rúa.

Salientamos:

  • Crean 45 prazas de persoal de brigadas helitransportadas lixeiras, polo que non levarían técnico/a de brigada. As prazas se crean coma de persoal laboral aínda que nun futuro serán obxecto da súa funcionarización.
  • Corrixirán o erro que existía no custo anual das prazas, que eran desiguais entre bases.
  • Contemplan a posibilidade de retirar a necesidade de proba física anual (esta cuestión negociaríase máis adiante).
  • As prazas cubriranse transitoriamente por adscrición/comisión de servizos.
  • Valorarán corrixir outras cuestións tales coma a oferta de tódalas prazas de bombeiro/a forestal coma bombeiro/a forestal condutor/a(xa que podería causar problemas na súa cobertura) ou a inclusión das prazas a nivel distrito e non a nivel provincial tal e coma está na proposta actual.
  • Crean 6 prazas de persoal emisorista que prestaría servizo na base das brigadas helitransportadas mentres estea o helicóptero, e no centro de coordinación de distrito o resto do ano.

Ábrese prazo de alegacións desta RPT ata o mércores 19 de abril, podes facernos as túas suxestións aquí.

Outras novas recentes

Mércores, 25 Xuño 2025

Monte e rural galego, razóns de vida para a prevención de riscos. Quique Casanova in memoriam (26/06/2025)

Xornada técnica de incendios organizada pola CIG-Autonómica de Lugo, in memoriam de Quique Casanova, prezado compañeiro falecido nun incendio forestal.  A xornada terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. Dará comezo ás 9.30 h, e a súa clausura está prevista para as 14.30 h. O aforo é libre, previa inscrición no enderezo
Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública. Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas...
Mércores, 25 Xuño 2025

Convocatorias de oposicións de escolas náutico-pesqueiras, cociña, coidadores e subalternos (CP 24/06/25)

O martes 24 de xuño tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal (CP) na que se aprobaron as convocatorias de seis procesos selectivos, todos eles co voto en contra de CIG e CSIF, e a abstención de CCOO e UGT. Como cuestión previa, a CIG solicitou a suspensión da Orde do día, pois estas convocatorias non foron negociadas, xa que a única vez nas que puidemos ver os textos...