Novas por contido

A páxina www.escolasinfantisdegalicia.es aloxaba os blogues, o portal de formación, etc. da rede de Escolas Infantís de xestión pública, Galiña Azul, de cero a tres anos

A páxina era una ferramenta imprescindible para o traballo colaborativo dos centros. Os blogues permitían ás escolas o traballo en equipo do profesorado, o traballo colaborativo entre escolas, o intercambio de información coas familias, potenciaba a relación familia/escola, favorecía a reflexión pedagóxica e a avaliación do traballo desenvolvido, etc.

A páxina, ademais aloxaba outros contidos de moito interese para a formación do persoal, como artigos de análise e innovación pedagóxica.

O peche desta ferramenta virtual invisibiliza o traballo desenvolvido dende hai quince anos e a perda documental das escolas infantís da rede pública. Pérdense para uso público recursos que se puxeron a disposición das familias e dos cadros de persoal, principalmente durante a pandemia, coa colaboración de persoas de grande relevancia no eido da innovación pedagóxica.

Dende o Consorcio indican que nos blogues participaban una baixa porcentaxe de escolas subindo contidos, pero o certo é que o persoal dos centros si que consultaba os contidos. Por outro lado, dende o Consorcio, non se promocionaba nin fomentaba o uso desta ferramenta, deixando esmorecer á posta o servizo.

Tendo en conta que o marco lexislativo educativo está cheo de referencias ao traballo colaborativo, ao uso das novas tecnoloxías e á necesidade de empregar ferramentas de avaliación, non se entende este peche máis que dende a perspectiva de controlar e censurar a información sobre a calidade da educación que se desenvolve nas escolas infantís da rede pública, ademais do intercambio entre as profesionais, e da liberdade de cátedra.

Comezaron coa xestión privada de novas escolas infantís, seguiron coa dopaxe aos centros privados coa gratuidade sen ter en conta os niveis de renda, e seguen coa invisibilidade pública da calidade das escolas de xestión propia da Xunta.

Está no ADN do partido que está a gobernar.

Dende a CIG esiximos que se restaure a páxina http://www.escolasinfantisdegalicia.es

Outras novas recentes

Martes, 03 Xuño 2025

Concurso traslados escalas sociais; RPT CMACC; Acordo Illas Atlánticas (MSF 06/06/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que será o venres 06/06/25, coa seguinte Orde do día: 1. Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. Descargar 2. Proposta de Acordo polo que se aproba a modificación da...
Xoves, 29 Mai 2025

O concurso específico deseñado pola Xunta será unha LD encuberta e personalizable

O martes 3 de xuño quedará aprobado, previsiblemente, o modelo de bases dos concursos específicos (CE), un documento que permitirá ás consellerías convocar cada un dos 800 postos de CE cando queiran (se é que queren), e con criterios tan flexibles que poderán “personificalos” posto a posto A proposta xa pasou en xaneiro pola Mesa Sectorial de Negociación, con apenas un día...
Luns, 02 Xuño 2025

A CIG pide á Valedora do Pobo que garanta que o persoal cociñeiro teña titulación técnica

A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares. Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional se senten a negociar unha saída xusta á...