Novas por contido

Función Pública enviounos a documentación para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización dos postos de persoal laboral da Administración Autonómica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), que será clasificado na:

  • Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, do grupo B
  • Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba, emisorista-vixilante fixo/a, bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2
  • Corpo auxiliar de Administración Xeral, subgrupo C2

Os sindicatos temos prazo de alegacións ata o mércores 3 de maio, así que se é do teu interese, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Venres, 25 Abril 2025

A Xunta pretende que o persoal de enfermería realice valoracións de dependecia

Ao longo do día de onte recibimos información de compañeiras das residencias de maiores, rede pública da Xunta de Galiza,  que referían a que nunha das “reunións obrigatorias” que teñen coa dirección, esta lle comunicou ao persoal de enfermería que acababan de recibir unha “información de arriba” conforme a partir de agora debían de facer elas as valoracións de dependencia...
Luns, 21 Abril 2025

Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Rural (11/04/2025)

O día 11 de abril do 2025 reuniuse de xeito ordinario o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Rural. A CIG solicitou que se convocara o CSSL por incumprimento da Lei de riscos laborais. A presidenta comprometeuse a facelos de xeito trimestral e emprazou o próximo comité para a terceira semana de xuño. Temas tratados: 1. Prego de prescricións técnicas...
Mércores, 23 Abril 2025

Aviso de publicación do FAS 2024 no DOG do 25/04/25 (axuda á atención de persoas con discapacidade)

Emprego Público vén de informarnos da publicación inminente no DOG da seguinte convocatoria da axuda á atención de persoas con discapacidade (o mal chamado FAS2024): Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galiza pola que se autorizan os criterios de reparto...