Novas por contido

A última hora da véspera da asamblea, a Xunta de Galiza veta o acceso a San Caetano a máis de 120 axentes ambientais a unha asemblea autorizada para este xoves 6 de xullo, polo que tiveron que trasladarse para un salón da EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Fontiñas). Estas funcionarias/as públicos con horarios de 00 a 24 horas tiveron que facer quendas para poder acudir dende toda Galiza á asemblea convocada.

A cancelación da sala por parte da Xunta foi un claro intento de desmobilización porque acumula numerosos incumprimentos do Acordo de condicións de traballo de 2018 conquerido despois dunha folga que durou varios meses.

Na actualidade, 543 axentes ambientais traballan nos Distritos Ambientais da Dirección Xeral de Patrimonio Natural (156) e, na Consellería de Medio Rural nos Distritos Forestais (387), de non se ter amortizado prazas e de ter cuberto todas as vacantes o numero sería maior.

Cunha alta porcentaxe de temporalidade, a necesidade de procesos selectivos foi unha das cuestións que máis se demandaron. Preocupa tamén a intención da Consellería de Medio Rural de reordenación e división do persoal dos Distritos forestais cun empeoramento das condicións laborais e do servizo público. A negativa da Xunta de convocar o grupo B e manter a rebaixa profesional foi outra das cuestións que centraron o debate.

Con todo estas foron as conclusións máis destacables:

  1. Convocatoria urxente de procesos selectivos (concurso-oposición) das 56 prazas das OEP 2020 e 2022, e oferta de todas as vacantes (máis de 130) contando tamén coas numerosas xubilacións. Tamén compre solución as prazas non convocadas do C2 da oferta de estabilización da lei 20/2021 e as que negou por ser da DA8ª.
  2. Concurso de traslados, sen mobilidade dende hai mais de 10 anos.
  3. Negociación do regulamento da escala de axente técnico en xestión ambiental. Tal como se comprometeu a Administración tras a sinatura de diversos acordos (un no ano 2016 e outro no ano 2018).
  4. Activar o grupo B, que é o que esta previsto na Lei de Emprego e no TREBEP para a titulación requirida da escala. O acordo de 2016 comprometía a Administración a que unha vez que reciclara a titulación o 40% do persoal, se convocaría o proceso de promoción interna. Esta porcentaxe esta máis que superada pero a Xunta segue incumprindo os seus acordos co escusa de que se necesita unha regulación específica do goberno estatal cando noutras administracións non hai problema para aplicar o B.
    -OPE parlamento Galiza DOG nº 67 mércores 5 de abril 2023 Escala: técnica de mantemento de infraestruturas. Grupo B
    -Concello da Coruña 29/07/2021 Elaboración de listaxes de persoal funcionario interino para cobertura de prazas de Técnico superior de informática Grupo B.
    -Consello consultivo de Galiza 3/5/2019 informe sobre a creación no concello de Santiago Escalas encadradas no Grupo B. Para a creación do novo grupo B chega por medio dunha modificación da RPT
  5. Necesidade de creación de prazas comprometidas pola Xunta e que viñan previstas nas medidas 26 e 27 do ditame do Parlamento Galego do ano 2017 con motivo da vaga de lumes e das que non creou ningunha.
  6. Rematar coa discriminación do persoal axente ambiental do AGACAL que traballa na EIF de Lourizán.
  7. Plan Formativo conxunto con acceso a todo o persoal da escala.

E, sobre a pretensión manifestada por Medio Rural de división do persoal dos distritos forestais concluíuse cun NON ROTUNDO á DIVISIÓN e un SI á ESPECIALIZACIÓN.

Se a Administración non avanza nos compromisos adquiridos nos acordos asinados no 2016, 2017 e 2018, xa hai máis de 5 anos, ou vai adiante cunha división da escala con retrocesos laborais, vai ter conflito inmediato asegurado, e xa se estudan as primeiras accións de loita para o mes de setembro.

Outras novas recentes

Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o buzón de postos e continuarán en breve, pero non da...
Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...