Novas por contido

Estamos convocados a varias xuntanzas da Comisión de Persoal e da Mesa Xeral de Empregados Públicos para os días luns 16 e martes 17 de outubro, para tratar sobre o capítulo de persoal dos orzamentos da Xunta e polo anteproxecto de Lei de Medidas (que modifica varios artigos doutras leis que afectan ao persoal empregado público), para o ano 2024. Se é do teu interese, aquí tes a documentación:

- Estudo do anteproxecto da Lei de Medidas: materia de persoal, para o ano 2024. Descargar (vai a MX 16/10/23 e CP 17/10/23)

- Anteproxecto dos Orzamentos da Xunta para o ano 2024: materia de persoal. Non envían documentación (vai a MX 17/10/23)

Estas convocatorias foron enviadas aos sindicatos sen tempo para estudalas nin facer achegas. Máis grave é o asunto dos orzamentos, pois tan só enviaron a convocatoria, sen documentación (din que a enviarán o luns 16, un día antes da xuntanza).

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...