Novas por contido

A CIG está farta de tratar estes asuntos en interminábeis mesas de negociación onde case nunca nada da froitos. E como a nosa tradición é mobilizadora, cremos que as persoas empregadas públicas temos que comezar a movernos e demandar que o dereito a poder concursar, promocionar ou a ter horarios racionais SI ten cabida na Administración autonómica.

Por iso convidámoste a participar nas asembleas informativas que organizaremos sobre os concursos de traslados, sobre a promoción interna non convocada e sobre a demanda de redución da xornada laboral.

  • Compostela (San Lázaro): venres 10/11/23, ás 11h, salón de actos - Sanidade
  • O Barco de Valdeorras: xoves 9/11/23, ás 12h, salón de actos - Casa grande de Viloira
  • Compostela (San Caetano): mércores 8/11/23, ás 11h, salón de actos 2 - San Caetano
  • Ourense: martes 7/11/23, ás 12h, salón de actos de Medio Rural, Florentino Cuevillas
  • Pontevedra: venres 27/10/23, ás 11h e ás 13h, sala de conferencias do edificio administrativo
  • Vigo: xoves 26/10/23, ás 11h e ás 13h, salón de actos do edificio administrativo

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Luns, 08 Xullo 2024

Novas CSSL-Intercentros: novos estudos sobre o radón

Estudos de concentración de gas radón A CIG leva anos instando a Administración a que faga os controis de gas Radon con laboratorios acreditados nos espacios de traballo da Xunta, petición que cobra especial relevancia tendo en conta a incidencia deste elemento a causa da morfoloxía xeolóxica de Galiza. Na reunión do Comité Intercentros de Seguridade Laboral do día 3 de...
Mércores, 10 Xullo 2024

RPT de Economía e Industria (proposta para 15/07/2024)

O Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria convocounos a unha xuntanza o vindeiro luns día 15 de xullo para tratar a proposta de modificación da RPT da consellería. Se resulta do teu interese, podes descargar a proposta e para achegarnos o que consideres, contacta coa CIG.
Mércores, 10 Xullo 2024

O Tribunal Supremo obriga a Seaga a non discriminar salarialmente ao seu persoal descontinuo

O Tribunal Supremo confirma, e fai firme, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza presentada pola CIG sobre a discriminación do persoal descontinuo no cobro do plus de funcións da empresa pública Seaga. A sentenza do TSXG confirmada ditaminaba: La decisión de la dirección de la EP SEAGA SA de atribuir, por medio de dos instrumentos de ordenación de las...