Novas por contido

A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega.

Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando dos 102 postos hai CERO na provincia de Ourense, 8 na de Lugo e 9 na de Pontevedra e 85 na da Coruña dos cales 68 están en servizos centrais.

Se este desequilibrio territorial e unha constante e sucede moitas veces, neste caso concreto é alarmante ao non haber nin unha praza nalgunha provincia

Solicitámoslle a Función Pública que revise o listado e faga un esforzo para presentar un novo que responda a un reparto xeográfico que se aproxime á realidade.

 

 

Outras novas recentes

Mércores, 30 Abril 2025

Que pasa co permiso parental de 8 semanas?

A Administración da Xunta que segundo o PP "defende as familias", segue sen normalizar o permiso parental de 8 semanas, nin o retribúe nin o concede a todo o persoal que ten dereito. O permiso parental de 8 semanas para o coidado de fillos e fillas menores de 8 anos foi introducido en xuño do 2023 no Estatuto Básico da Persoa Empregada Pública ante a obriga marcada pola...
Martes, 06 Mai 2025

Proposta modificación servizos veterinarios (05/05/25)

Ante a negativa unánime por parte das catro organizacións sindicais asinantes do acordo, remitirán en breve unha nova proposta na que quedaron en incluír as melloras organizativas.O pasado día 05 de maio de 2025 fomos convocados pola Consellería e Sanidade para unha xuntanza na que abordamos a proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestación de...
Martes, 06 Mai 2025

Previsión dos seguintes concursos de traslados (05/05/25)

Nas xuntanzas que mantivemos coa directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) o luns 5 de maio, trasladounos a seguinte información sobre os concursos de traslados: Pendente de publicar en DOG (xa quedou aprobado en Comisión de Persoal) o concurso de arqueoloxía/restauración/delineantes/arquivos-bibliotecas-museos. Pendente de negociar o concurso de...